|
O BNG fisterrán súbense ao carro social |
Correo-e
|
|
lunes, 25 de enero do 2010 |
|
O BNG de Fisterra apúntase ao movemento social nacido estas semanas na vila do Cristo. Así, pediralle ao alcalde e ao concelleiro de cultura que "asuman a súa responsabilidade na deixadez que ata agora caracterizou a Fisterra na promoción do concello con motivo do Ano Santo e que se comprometan a publicitar inmediata e contundentemente o papel de Fisterra e a súa importancia na rota xacobea". En principio, e á falta de confirmación oficial, o pleno deste luns asinará o manifesto que presentou a pasada semana a Plataforma Veciñal "Fisterra: Único Fin do Camiño". Semella que os 4 grupos políticos asinarán a moción. Á dereita vemos a Fisterrana que maquillou a Plataforma para a ocasión. Pero o BNG querrá "recalcar a falta de actuacións por parte do concello á hora de promocionar Fisterra neste Ano Santo, que debera ter empezado xa coa publicidade, e que moito antes debera ter empezado a acondicionar o concello dotándoo dunhas infraestruturas básicas que teima en que non teñamos". A xuizo do grupo do BNG, o concello debería contar xa cunha "escola infantil, unha casa da cultura e un centro de saúde", ademais de que "debería ter regulado o tráfico na Anchoa nun ano no que se prevén chegadas masivas de xente ou poñerse a pensar como recuperar a bandeira azul para unha praia á beira da cal discorre o Camiño antes de chegar ao seu fin". Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do BNG de Fisterra.
|