|
Non é Dumbria o único concello da bisbarra con problemas nas redes de sumidoiros. Pero si un máis dos afectados. Por iso, o Voceiro do Partido Popular de Dumbría, Ramiro Iglesias, fai unha denuncia polo pouco traballo da alcaldía por remediar a situación e denuncia os orzamentos do 2010. Orzamentos "partidistas" Así, Iglesias afirma que presentou no concello unha reclamación á aprobación inicial dos Orzamentos, por considerar que faltan proxectos claves para o municipio. Denuncia igualmente que o Concello lle fixo caso omiso, por iso denúnciaos como “son claramente discriminatorios e electoralistas. Responden máis a intereses partidistas e persoais do alcalde, que ó interese xeral de tódolos dumbrieses”. Sumidoiros O representante do PP denuncia que non figure unha partida para poñer en marcha o Servicio Mínimo da Rede de Sumidoiros, así coma tamén un Servicio Integral de Pavimentación das Vías Públicas, xa que evitaría “ter que ir parcheando ano tras ano”. Neste senso, Iglesias lamenta a "desidia de Pequeño por non dotar a Dumbría de servicios tan básicos e necesarios para o municipio". I é que, tal e como informa Iglesias, "as calzadas de Canelas levan anos intransitables". Do mesmo xeito, denuncia que, en lugares como Martín, na parroquia de Buxantes, e en Salgueiros, “non hai nin recollida de augas”. Un feito que, para o voceiro popular, pon de manifesto que “o actual alcalde ignora á hora de elabora-los orzamentos as demandas e as necesidades dos veciños”. Despacho Por último, o representante popular "lamenta que Pequeño siga poñendo trabas á labor da oposición e non poña a disposición do Grupo Popular un despacho ou local na Casa Consistorial, co fin de poder realizar en mellores condicións o seu traballo". “Esta é unha mostra máis de que Pequeño se cre que o Concello é a súa casa, e non a de tódolos dumbrieses”, afirma Iglesias. Novas relacionadas
|