|

A FITUR servíu, cando menos, para coñecer o anuncio por parte da Xunta do desbloqueo do Parador de Muxía. Unha boa nova para todos, pero vista de dous xeitos ben diferentes. Para os dous partidos máis implicados no proxecto, PP e PSOE, a nova é unha vitoria, algo difícil de comprender. A opinión da Xunta Na voz do PP comarcal, a deputada carnotá Marisol Piñeiro "quere felicitar ao conselleiro de Cultura e a secretaria Xeral de Turismo polas súas xestións" para o desbloqueo, ao tempo que se congratula polo traballo do goberno actual. Pero tamén ten palabras para o alcalde de Muxía, Félix Porto, ao que lle di que “agora xa se pode dar conta de quen era realmente os que tiñan interese e compromiso coa obra e puido constatar de que a man negra da que falaba non se encontraba nas filas do PPdeG”. Piñeiro insiste en que a Xunta asume unha labor que non lle corresponde "como é o proxecto da obra". Marisol Piñeiro indicou que “o PPdeG foi quen de desbloquear unha situación que heredou do bipartito na Xunta de Galicia que paralizou, xunto co Goberno de Madrid, a obra polas súas chapuzas e mala xestión”. Así se referiu ao proxecto da obra que pagará a Xunta , sobre 300.000 euros, “que esta non tiña por qué asumir pero que gracias a elo se desbloqueou o proxecto”. Para deputada popular esta situación “pon a cada un no seu lugar e a deputada socialista Marisol Soneira perdeu a pouca credibilidade que tiña na Costa da Morte polas súas mentiras e insultos”. A oposición do PSOE O PSOE "felicita ao Goberno de Feijoo pola rectificación e a asunción do acordo" das 3 entidades, o goberno da Xunta, Turespaña e o Concello de Muxía. Nun tono irónico, " alégranse de que a Xunta se dera conta de que ten lexitimidade para facer o proxecto técnico dun concurso de ideas feito no seu día polo goberno bipartito". E reiteran de que se alegran de que "asuman os seus erros onde mentiron ou se equivocaron". Sen embargo apuntan que "o único novedoso que aportou o PP ao fronte da Xunta foi retrasar 8 meses o proxecto do Parador de Muxía". Así, afirman que "non entendemos a euforia do PP porque o acordo para desbloquear o parador é o que defendíamos os socialistas, un acordo válido e legal e ademais non existe documento que impedira levalo a cabo". E se o PP fala de Soneira, o PSOE fala da outra Marisol, Piñeiro. Para a deputada popular Marisol Piñeiro “o tempo pon a cada un no seu lugar e a deputada socialista Marisol Soneira perdeu a pouca credibilidade que tiña na Costa da Morte polas súas mentiras e insultos”. Curioso é ler como uns e outros acúsanse do mesmo... Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Comunicación PSdeG-PSOE.
- Comunicado do PP Comarcal.
|