|
Os novos nomes das rúas "orfas" de Cee |
Correo-e
|
|
martes, 26 de enero do 2010 |
|

Moitos son os cambios de nomes das rúas de Cee. Que facían falta, poque xa ían moitos anos que as rúas lucían nome de letras. E non era con intención vangardista. Só era unha medida trasitoria para que se lle atoparan nomes axeitados. Propúxose o Concello de Cee conseguirlles un nome a todas esas rúas orfas. E prantexou o asunto ante a comisión de expertos colaboradores en historia da Asociación Neria, da que é presidente o alcalde ceense, Ramón Vigo. Semella que ao final, pouco resultado obtivo esta consulta histórica, porque tan só unha pequena parte dos novos nomes levan a historia no seu ventre. Como o da nova Rúa da Indepencia (antiga rúa G), pero para iso non había que chamar a ningún experto. O que si vemos son orixinais nomes de vilas do país: que se rúa A Coruña, Santiago, Ourense, Pontevedra, Lugo... e Vigo? Hai tamén, e ben traídas, rúas que lembran ao que antes reinou por estes lugares (ademais de auga). A Praza dos Xuncos fala ben de onde estamos pisando; ou a Rúa do Lavadoiro, ou a do Matadoiro... Pero por que Rúa Europa? Cambios | ANTES | AGORA | | Rúa H | Rúa Europa | | Rúa G | Rúa da Independencia | | Rúa K | Praza dos Xuncos | | Rúa L | Rúa da Concordia | | Rúa M | Rúa Diego de Muros III | | Rúa de Calzada a Rosa Lamela | Rúa do Lavadoiro | | Rúa C | Rúa Santiago de Compostela | | Rúa D | Rúa A Coruña | | Rúa E | Rúa do Río das Laxes | | Rúa F | Rúa Lugo | | Rúa que remata no antigo matadoiro | Rúa Matadoiro | | Rúa que vai a Mapfre | Rúa Ourense | | Rúa I | Rúa Pontevedra | Agora o único que falta é colocar os novos carteis indicativos. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do BNG de Cee.
|