Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
"Que sorte ter isto dos idiomas!"  Correo-e
martes, 26 de enero do 2010

Image

Co gallo do Decreto do Plurilingüismo no Ensino, son moitas as opinións que se están sucitando na Costa e en todo o país. Hoxe recibimos unha carta dunha estudante de bacharelato do IES Maximino Romero de Lema, Laura Senande Corzón. Unha carta dedicada ao Presidente da Xunta na que deixa claro que se a mocidade da Costa da Morte non acudiu maioritariamente as clases foi por algo, non por aproveitar un día de vacacións. Aquí vemos unha foto da manifestación no obradoiro que contou cunha alta participación costeira.

Carta de Laura Senande Corzón

Estimado Feijoo e compañía:

En primeiro lugar perdoen vosteden polas confianzas, pero gustaríame que nos tratásemos de igual a igual.

Son unha simple alumna de 2º bac que lle gustaría informar das fendas que vexo no borrador do seu novo decreto lingüístico:

Non creo que o alumnado galego estea preparado para recibir clases nunha lingua estranxeira.De primeira man e poñendo de exemplo, levo arredor duns dez anos estudando inglés e non podo dicir que me desenrole nesa lingua perfectamente. Se certas asignaturas as poñemos neste idioma, acabaremos con rapaces que ademais de non saber inglés, non saberán de coñecemento do medio ou socias.

Vostedes diranme que con este plan xustamente se busca que se domine o idioma co tempo, porén, máis cantidade non esixe maior calidade...

Se queren que sexamos “plurilingües”, melloren as clases no idioma estranxeiro e insistan nel sobretodo durante a infancia.

Ademais o profesorado non está preparado para este cambio.Profesores que levan dando anos dando clase ou que son novos na profesión atópanse con que agora deben dominar o inglés.

¿E despois fálase de impoñer o galego? Isto si que é impoñer, porque o inglés non é idioma oficial nin coodicial de Galicia, cando o galego si o é.

Voltando o tema, gustaríame saber quen vai financiar esa formación lingüística para poder educar ao alumnado, e agardadando que non sexa un curso de 2 semanas.

Pásome por alto o conflito que se vai xerar entre o profesorado... quen vai dar ese 33%? ¿Voluntarios?

Agradezolle en nome dalgúns pais e a eles mesmos que foron quen votaron nesa enquisa na que vostedes se apoian porque lle gusta o resultado, agradecerlles o cambio do material escolar neste período de excedente económico.

Pregúntome se esta maneira de xerar conflito onde non o hai e buscar lugares onde invertir o diñeiro público son innovadoras ideas contra a crise.

Perdoe se menciono a crise e fago pensar a xente nela cando agora teñen outro tema do que tertuliar: o idioma.

Non podo evitar preguntarllo agora que estamos en confianza...isto é para distraernos verdade? É para esquecernos do paro e a crise? É que o tema da gripe A xa non da máis de si...

Que sorte ter isto dos idiomas!

  • Laura Senande Corzón.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Fotografía de Rodrigo Vizcaíno.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com