Martes, 16 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Case 3.500 persoas visitaron o Museo Fernando Blanco de Cee no 2009  Correo-e
martes, 26 de enero do 2010

Image

Se no ano 2008 o Museo Fernando Blanco de Lema alcanzou a simbólica cifra de 25.000 visitantes, no pasado ano 2009 seguiu a bo ritmo o número de persoas que se acercaron a coñecer “in situ” a colección. Iso si, sen contar, evidentemente, todos aqueles visitantes que poden “ver” a través da rede o Museo, no enderezo www.museofernandoblanco.org.

Durante o ano 2009 pasaron polas nosas instalacións un total de 3.476 persoas (o que supón un descenso dun 8,16% respecto das 3.785 visitas do ano 2008). Así, o número total de visitantes que pasaron polo Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema dende a súa apertura, aló polo ano 2001, ascende a 29.110.

Evolución de visitantes

A evolución do número de visitantes e do número de visitas concertadas, ó longo dos últimos anos, aparecen reflexadas na seguinte táboa:

Image

Visitas organizadas

A maioría dos visitantes realízanse en visitas organizadas. O coordinador do Museo Fernando Blanco e Secretario da Fundación, Darío Areas, acostuma enviar unha invitación a colexios, asociacións, etc. Estas son ben escoitadas por moitos grupos que permiten, ós grupos que así o desexen, coñecer a colección que alberga o museo cunha visita guiada polo propio Areas. No 2009, foron un total de 36 (frente ás 33 do 2008), cifra que supón un record en canto a este tipo de visitas.

Traballos de restauración

Tamén merecen salientarse os traballos de restauración e conservación que durante o ano 2009 se levaron a cabo, coa finalidade de preservar e conservar aquelas pezas do patrimonio da Fundación que, polo inexorable paso dos anos, se atopaban en precarias condicións de conservación.

Así, a empresa Esteo Técnica na Conservación e Restauración, de Cambados, acometeu durante o pasado ano a restauración dos seguintes fondos:

  • Colección de 15 mapas en cartón-pedra da casa OROS, datados na primeira metade do século XX.
  • 4 Óleos de antigos alumnos/as da Fundación, datados na primeira metade do século XX.

Previsións para o 2010

As actuacións previstas para o ano 2010 serán:

  • Continuación dos traballos de catalogación dos fondos da Fundación, con todo o traballo que eso conleva (fotografiado de pezas, escaneado de documentación, traballos de documentación, vixiancia do estado de conservación dos fondos, correcta almacenaxe dos mesmos, etc).
  • Continuación dos traballos relativos a área de difusión (visitas guiadas, posibilidade de realización de exposicións temporais, etc).
  • Conservación e restauración. Está prevista a restauración dun total de 13 pezas da colección (5 bancos de madeira da Capela do Instituto da Fundación; 1 reloxio de pé; 1 reloxio de parede; 2 aparatos científicos; 2 diplomas; 1 cadro alegórico da República; 1 mapa en relevo de Oceanía).
  • Traballos de adecentamento do Museo. Pintado exterior das fachadas do edificio; limpeza da pedra do exterior; substitución dos balcóns; barnizado da carpintería exterior; barnizado do cañón do ascensor; colocación dunha placa de bronce co nome do museo na de entrada do mesmo.
  • Realización de exposición temporal. Está previsto que no transcurso do novo ano se realice unha nova exposición temporal, co fin de dar a coñecer a riqueza da colección, fundamentalmente centrada no conxunto da ourivería da antiga capela do Instituto.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Informe achegado polo coordinador do Museo Fernando Blanco e Secretario da Fundación, Darío Areas.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com