|

Caeu o Cabana da Costa na Liga Galega Xuvenil. E caue con demasiada rotundidade para o merecido tralo visto no terreo de xogo. O Cabana queda agora de 14º, con 21 puntos, en postos perigosos, pero está nun grupo de 6 equipos en 2 puntos. Liga Galega Xuvenil, xornada 19
Calo - Cabana (5-1) - Cabana: Bonano (Román, min.80), Óscar (Amable, min.75), Edgar, Carlos, Alberto, Maior, Sandro, Diego Varela (Chuki, min.63), Uru (Chuki, min.65), Adrián (Jose, min.77) e Basti.
- Goles: 1-0, min.17: Boo; 1-1, min.41: Diego Varela; 2-1, min.67: Diego Varela en propia meta; 3-1, min.75: Álex; 4-1, min.85: Pereiro; 5-1, min.90: Boo.
- Expulsión: Sandro por doble cartón.
Uns 100 espectadores veron este encontro que rematou cun castigo demasiado abultado para o ocorrido no campo. O encontro estivo bastante igualado no primeioro tempo, e así o reflcte o resultado co que se chegou ao descanso, empate a 1. Ningún dos dous equipos dispuxeron de grandes ocasións. Foi o Calo quen se adiantaría tras unha falta lateral. Noutra falta, pero a favor dos cabaneses, chegaría o empate, nun embrollo entre Diego Varela, Basti e un defensa. Tralo descanso, o Cabana saíu a porr todas. Uru e Basti puideron poñer aos cabaneses por diante, pero tamén o local Boo tivo unha que se estrellou no pao. Aquí, trascorrido o primeiro cuarto de hora da segunda, chegaron as dúas xogadas clave. Basti adentrábase na área local e era derribado pero o colexiado sacou a falta fóra da área, sen que ademais fora expulsado o defensa riva, que era o último home. Carlos enviaba a falta rozando o pao. Pero dúas xogadas despois, Diego Varela toca o balón de cabeza e o mete na súa propia meta. Aí perdeuse o Cabana, que foi un boneco no que restaba de partido e sufriu moito, sobre todo trala expulsión de Sandro. Ligas Galegas base Máis información Fonte - Redacción de Deportes de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Crónica de José Manuel Vázquez.
|