|
Moi interesante a xornada deste 24 de xaneiro de 2010 nas Ligas Xuvenís. Sobre todo polo sur, xa que polo norte, os 3 de arriba non fallan e todo quedará para a última xornada na Bergantiños e Soneira (con 4 puntos de diferencia a día de hoxe) se enfrontan, do que pode saír benficiado o Zas. Polo sur, e trala vitoria do Santa Comba de hoxe martes 26 de xaneiro, ante o Louro, os xalleiros dan un paso adiante na súa loita polo título e saca 2 puntos a Muros e Cee, e 3 a Corcubión. O partido a xornada sabatina e que propiciou o salto ao liderato do Santa Comba, foi ese Cee - Dumbría en Lombáns, nun encontro no que os afeccionados encheron as gradas dos estadio. A vitoria contundente do Dumbría apreta a clasificación,que queda, tralos encontros aprazados disputados onte, na man do Santa Comba. Con todo, semella que se decidirá na última xornada, xa que a semana que vén os 5 de arriba enfróntase aos 5 de abaixo, mentres que na última hai dous partidos claves: Santa Comba - Corcubión e Muros - Cee, os 4 en 3 puntos. O Santa Comba parte con esa vantaxe de 2 puntos. Reunión da Copa da Costa de Xuvenís Noutro eido, a Federación vén de enviar un comunicado aos clubes para fixar a reunión que sirva para realizar o calendario e o sorteo da Copa da Costa Xuvenil. A reunión será o venres 29 de xaneiro, ás 20:00h no Municipal de Baio. Partidos aprazados (xornada 14) Santa Comba - Monte Louro (2-1) - Santa Comba: Dylan, Martín, Nahuel, Sergio, Manu, Dani (Jorge, min.54), Javito, Agra, Aldo (Fran, min.88), Cristian, Darío.
- Monte Louro: Dida, Chuny, Bolo, Pablo, Chila, Denís, Geiko, Dani, Raúl, Riki e Isma de Cosme
- Goles: 0-1, min.66: Isma de Cosme; 1-1, min.68: Aldo; 2-1, min.81: Jorge.
Apretada vitoria do novo líder da liga sur. Malia a vitoria non foi o mellor partido dos de Santi Casal, que parecían atenazados pola presión de depender de si mesmos para ser campións. Os máis cveteranos do equipo non asumían protagonismo doutros partidos e o Louro, ben plantado, moi serio e firme nos balóns altos, puxo en moitos apretos aos xalleiros. De feito comezaba gañando o Louro, xa pasados 20 minutos da segunda parte. Cundía o pánico nos locais, pero tiveron a sorte de marcar pronto, a tan só dous minutos do gol visitante. Unha xogada de Darío que abría a Aldo e este marcaba. O balón non circulaba pero Jorge atinou e conseguí o gol da vitoria, de novo tras xogada de Darío, que xa ten sido convocado co equipo de 3ª. Así e todo, tivo dúas ocasións o Louro nos últimos minutos, cun par de balóns ao pao (un chutazo á cruceta) que ben puideorn cambiar o rumbo do partido e da liga. Outes - Mazaricos (8-0) - Goles: Fu (2), Gene, Piki (2), Michi, Fabio (2).
A pesar do resultado, o Mazaricos mallou no Outes na primeira parte. Pero un par de accións de sorte dos de Manu Roque adiantaban aos locais, e permitían anecarar a segunda metade cunha inxusta vantaxe. Na segunda, o Mazaricos veuse abaixo e a avalancha local propiciou que fosen caendo os goles uns tras outro. Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 16 Muxía - Camariñas (1-1) - Muxía: Cristian, Carrera, Martín, Fabian, David, Currás, Juni, Carliños, Javi, Julián (Buita, min.75), Jose Manuel (Kevin, min.65).
- Camariñas:
- Goles: 0-1, min.27: aproveitando unha contra; 1-1, min.85: Juni, de penalti cometido sobre Martín.
Desputabase o derbi cun estado do terreo de xogo en non moi boas condicións o que non se adaptaron nada ben os visitantes e ca volta a Arliña do colexiado o señor Goyeneche. O peso do partido levouno o Muxía e o Camariñas prantexou o partido á contra e ben puido levarse o partido e aproveitar o desacerto local de cara a porta. Por parte muxiá Javi por dúas veces e Carliños tamén en duas ocasión, marraron clarísimas ocasións. De feito, os locais só foron capaces de marcar de penalti, como vemos na imaxe. Os últimos minutos do partido foron tolos cos dous equipos volcados e o gol puido caer para calquera banda. Malpica - Soneira (2-8) - Malpica: Víctor, Diego, Iván, Javier, Pepis, Rubén, Miguel Dourado, Gonzalo, Brian e Paxel.
- Soneira: Víctor, Diego Baiñas, Vicente, César, Pichón, Toja (Dieguiño, min.70), Cristian, Dani (Roi, min.70), Germán (Nando, min.56), Tevi (Capote, min.70), Pichi (Marco, min.67).
- Goles: 0-1, min.30: Germán a porta valeira; 0-2, min.2: Pichi, en xogada persoal; 0-3, min.7: xogada persoal de Pichi salvando contrarios centra e Germán, só ten que empurrala; 0-4, min.20: Dani de falta directa a escuadra; 1-4, min.26: Miguel Dourado, ao resolver un barullo na área; 1-5, min.35: nova xogada de Pichi con centro atrás que Cristian marca; 2-5, min.48: Pepis, remata coa dereita un saque de curruncho botado por M. Dourado; 2-6, min.60: Nando, de tiro dende cerca; 2-7, min.82: Roi de vaselina ante a saída de Víctor; 2-8, min.84: Roi, de forte tiro a escuadra.
Con 11 xogadores xustos, e maioría sen adestrar dende hai un mes, o conxunto xuveníl malpicán, pouco puido facer ante un dos gallitos do grupo. Os soneiráns foron superiores, táctica e tecnicamente, xogaron con orden e sen precipitación. Bergantiños B - Coristanco (3-1) - Bergantiños B: Bugy (Rubén, min.85), Nando, David, Rodrigo, Héctor Mallo, Roberto Molk, Adra (Javi Martinez, min.86), Norberto, Javi (Canteiro, min.65), Fuentefría, Queiro (Trigo, min.11) (Estiven, min.86).
- Coristanco: Rubén, Gonzalo, Javier, Cota, Tonecho, Reborido, Alejandro, Sergio, Benitez, Toni, Pazos; Tamén xogaron: Fabian, Fabian II, Fofito, Pistolas e Martínez.
- Goles: 1-0, min.27: Trigo fai un gran control tras un pase largo de Nando e define moi ben ante Rubén; 1-1, min.41: Tonecho de penalti tras man dun xogador local; 2-1, min.50: Trigo marca un golazo de centro-chut; 3-1, min.82: Trigo de tiro lonxano coa axuda de Rubén.
Partido dominado maiormente dominado polo temible equipo local, pero que apenas deixou un par de detalles para o afeccionado, xa que futbol de toque brillou pola súa ausencia debido a que o campo municipal de As Eiroas parecía unha piscina. Na primeira parte a posesión do balón foi do Bergantiños pero as ocasións foron escasas para os dous equipos. Ao descanso chegouse cunha igualada na que se cadra o equipo local fixo algo máis. Na segunda parte os de Carballo meteron unha marcha máis e ao comenzar a segunda parte xa marcaron o 2-1. A partir dese gol o partido foi máis cómodo para os locais e xa na recta final Trigo certificaría o seu hatrick coa axuda de Rubén e sentenciaría o partido.
Sp. Zas - Corme (4-1) - Zas:
- Corme: Javi, Mauro, Kike, Adrián, Fran, Jorge, Dani, Yoshua, Juanma, Antonio, David. Tamén: Eloy, Alejo.
- Goles: 1-0, min.30:; 1-1, min.50: Jorge; 2-1, min.75; 3-1; 4-1.
O cadete Javi aínda fixo un partidazo na porta cormelán, pero moito mérito ten o deste Corme. O pasado sábado a convocatoria tiña 7 cadetes, 3 infantís, e xuvenís. Así e todo, costoulle ao Zas abrir a lata. Ata pasada a primeira media hora, os zaenses, que controlaban o balón e chegaba arriba con relativa facilidade, non marcaron. Pero á volta do descanso, Jorge sorprendeu e conseguiu unha inmerecida igualada. A parit r de aí o asedio local foi total. Os pequenos cormeláns defendíanse como gato panza arriba e o gol non chegaba. Só foi a falta de 15 minutos cando conseuíu abrir de novo a lata, e a aprtir de aí xa acabou o encontro. Baio - Porteño (3-1) - Baio: Poyo, Roi (Kevin, min.46), Maikel, Marcos (Umberto, min.46), Fernando, Rafa (Nacho, min.80), Iván, Pablo, Canai, Valentín (Paduán, min.60), Shuster (Roberto, min.70).
- Porteño:
- Goles: 0-1, min.25; 1-1, min.50: Valentín de rexeite a saque de esquina; 2-1, min.65: Valentín tras xogada de Canai; 3-1, min.75: Valentín tras un tiro ao pao de Shuster a pase de Valentín.
O Baio quixo controlar en todo mometo o balón, pero na primeira metade non chegaba con demasiado perigo. Tampouco o facía o Porteño, máis pendiente de defender. Pero nunha xogada de rexeites, o balón acabou rondando a liña de gol baiesa e o árbitro deu gol para o Porteño. Na segunda metade o Baio saíu a por todas, e o Porteño acusou o cansanzo polo alto ritmo dos rapaces de Nacho e Vilas. Este feito e o acerto de Valentín, que completou un hattrick, cara o gol, foron determinantes para que o Baio conseguise a primeira vitoria do ano. Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 16 Cee - Dumbría (0-3) - Cee: Sergio, José Ramón, Moncho, Mario, Gabri (Santiago, min.72), Fernando, Andrés (Javier, min.78), Paulino, Rafa, Rubén (Carlos, min.50), Diego Cespón (Diego, min.80).
- Dumbría: David, Joaquín, Insua, Samuel, Andy, Diego León (Pazos, min.87), Yeray (Israel, min.72), Tono, Rodri (Dani Picayo, min.63), Jesús (Samuel cadete , min.80), Tano (Álex, min.70).
- Goles: 0-1, min. 16: Tano; 0-2, min. 24: Tano; 0-3, min. 64: Diego León.
Duro revés o sufrido polo equipo ceense o sábado pola tarde en Lombáns ante uns trescentos afeccionados que encheron as gradas do recinto carnotán. Non sairon os rapaces enchufados no primeiro tempo e pronto tomaron os dumbrieses o mando do encontro. Uns dumbrieses que visitaban ao líder co claro propísito de quedar cos 3 puntos. O Dumbría impuxo un ritmo alto, e xa aos 15 minutos Tano aproveitaba un erro da defensa ceense e un toque de cabeza de Jesús para abrir o marcador. Este gol afundíu aínda máis ó equipo ceense que non soubo reaccionar e se viu superado ante a avalancha dumbriesa. Os ataques ceense limitábanse a balóns largos que acababan nas mans de David ou eran cortados polos defensas blancos, mentres que os dumbrieses creaban moito perigo. Nestes minutos o Dumbría mandou un balón ao pao por medio de Rodri e Tano enviaba unha vaselina que sacaba Fernandito baixo paos. Aínda tiveron tempo os de Diego Lobelos de marcar outro gol tras unha xogada de Jesús que aproveita de novo Tano. Na segunda o conxunto que dirixen José Carlos e Fermín intentou mostrar outra cara, pero o equipo visitante mostrouse sempre moi forte, impedindo calquera intento do equipo local. Nun córner que saca Tano, Diego León marca de cabeza e pon ó 0-3 definitivo, que rubricaba esta 5ª vitoria consecutiva do Dumbría e que quita a posición privilexiada do Cee para deixarlla ao Santa Comba. Corcubión - Outes (3-1) - Corcubión: Abelleira, Pichín (Pico, min.46), Diego (Alán, min.46), Gabi, Keka, Lema, David, Lourido, Josiño, Joni, Oli.
- Outes: Maroñas, Dario, Martín, Diego, Sergio, Piki, Fabio (Pancho, min.60), Pablo (Oito, min.60), Michi (Tato, min.72), Fu e Angel.
- Goles: 0-1, min.2: Piki á saída dun córner; 1-1: de penalti;
Partido bastante igualado, onde o Corcubión estivo facendo probas de cara para o último sprint. O Outes aproveitaba un regalo á saída dun córner xa nos primeiros compases, cando Piki marcaba dende o borde da área. O Corcubión subíu filas, pero o a primeira parte non tivo dominador claro, e houbo ocasións por ambos lados. Na segunda, a calidade dos corcubioneses decidíu, Muros - Fisterra (5-1) - Muros:
- Fisterra: David, Jorge, Luis, Luisiño, Jose, Tati, Cristian, Edu, Aitor, Carlos, Mario. Suplentes: Fran, Jose Carlos, Brais, Miguel, Eloy.
- Goles: 0-1, min.10: Aitor; 1-1, min.15: 2-1, min.30: ; 3-1, min.40: ; 4-1, min.60: Toni; 5-1, min.80: Toni de volea.
Gran xogo dos de Muros contra uns débiles fisterráns. Deu comezo o partido cun xogo moi igualado por parte dos dous equipos, pero o primeiro en adiantarse sería o Fisterra cando nunha gran xogada entre Mario e Aitor, este mesmo encargariase de anotar o primeiro gol do partido. Pero non moito despois deste gol os de Muros igualarían o marcador, cando nun tiro dos locais un fallo do gardameta rival faría que entrase a pelota na portería. Con este gol o Muros pareceu virse arriba e non tardaron moito en anotar o segundo gol, esta vez por un fallo da defensa fisterrana. Cando parecía que a primeira metade iba a rematar con un resultado bastante igualado os locais aumentarian a súa vantaxe, esta vez por parte do capitán Toni, dun saque de falta dende a frontal da área. A segunda parte do partido comezaría igual que o remate da primeira, cun dominio claro do xogo dos locais. O Fisterra estaba bastante desaparecido e chegaba poucas veces a porteria rival, e as veces que chegaba non era capaz a definir claridade. En cambio os de Muros si que aproveitarían a suas oportunidades e anotarian o seu cuarto gol nunha gran xogada pola banda e cun tiro cruzado no que o porteiro fisterrán non puido facer nada para impedir o gol. Os fisterráns cada ves estaban menos no partido e os de Muros non lles deixaban case espazos. E así para rematar os de Muros anotarian o seu último gol esta vez de novo de parte do capitán Toni dunha gran volea. Santa Comba - Mazaricos (6-2) Esteirana - Monte Louro (4-1) Crónicas das Ligas Xuvenil Análise das Ligas Xuvenís Novas relacionadas Máis información Fonte - Redacción de Deportes de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Colaboran Luis Alberto Sambad, David Castro, Unión Clube Cee, Blog do Malpica por Luis Porto e Diego Lobelos.
- Fotografías do Muxía-Camariñas de Luis Alberto Sambad.
- Fotografías do Bergantiños B-Coristaco de Cristian Benítez.
|