|

A paralización da Residencia de Vimianzo está dando lugar ao debate, e á demostración de certos puntos que non gustan no seo da corporación municipal vimiancesa. A posibildade da privatización do Centro Xeriátrico está mobilizando aos responsables do concello, que onte mantiñan unha reunión de traballo. Nin a alcaldía nin o BNG están pola labor de deixar que se privatice. Pero as últimas novas apuntan que a desaparición da empresa semipúlica Segaserso (Sociedade Galega de Servizos Sociais), pode provocar a venta por parte da Xunta do permiso de explotación. Dende o Concello, que cedeu os terreos, non se aceptaría a privatización, pois as previsións do Centro ían enfocadas a diminuír a lista de espera en centros residenciais públicos para as persoas maiores, concretamente 150 prazas de residencia e 50 de centro de día. Por iso, dende o BNG sinalan que "a privatización vai en contra do acordo unánime municipal de cesión dos terreos para o xeriátrico e en contra da normativa local". Así o acordaron onte nunhacomisión os 3 grupospolíticos do concello. Deste xeito, o BNG esíxelle ao PP que defenda un xeriátrico público. Segundo o BNG a "privatización significaría que o centro de Vimianzo quedaría fóra do sistema público galego de centros residenciais, e polo tanto, non estaría garantida asistencia para as persoas maiores necesitadas, nin a calidade de prestación de servizos e de relacións laborais". Ademais está a municipalidade dos terreos polo medio. “O noso concello non cedeu os terreos do xeriátrico para que o PP faga negocio cos amigos”. Por último o BNG carga contra o PP vimiancés e destaca a sía "irresponsabilidade" por defender na comisión a privatización do xeriátrico contra o acordo do Pleno que eles mesmos subscribiran, e contra os informes xurídicos Parque empresarial Ademais, o BNG prantexa igualmente para a vindeira sesión plenaria que se retome o asunto do Parque Empresarial. E faino logo das declaracións da alcaldía relativas a´posible non recepcióndo parque por parte do concello porque aínda non remataron ou non están en condicións de ser aceptadas as infraestruturas públicas que lle dan soporte, logo de que pasaran máis de dez meses dende o seu suposto remate pola empresa pública promotora SEA. Non entende o BNG a confusión que hai arredor do abastecemento da auga, e pide unha "proposta definitiva que non repercuta negativamente no abastecemento da auga doméstica aos domicilios da vila de Vimianzo". Tamén denuncia o BNG a noticia sobre o roubo de material eléctrico que dá soporte á distribución desta enerxía no complexo empresarial. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do BNG de Vimianzo.
|