|

Malia seguir sen celadores, o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee continúa crecendo. Onte presentaba o Xerente do Centro Sanitario, Ramón Ares Rico, os datos referentes á actividade ao longo 2009. Uns datos que reflicten o aumento en materia de intervencións quirúrxicas, e unha baixada nos días de espera en patoloxías graves. Ciruxías A actividade cirúrxica do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee no ano 2009 aumentou un 12,6% con respecto ao mesmo período do ano 2008, pasando de 2.727 intervencións cirúrxicas a 3.071, o que supón 344 cirurxías máis. Hai que destacar que no segundo semestre do ano pasado, o número de cirurxías incrementouse nun 24%, pasando de 1.362 no ano 2008 a 1.681 no ano 2009. Patoloxías de prioridade A espera media para pacientes con patoloxías de prioridade 1 sufriu un lixeiro descenso, reducíndose a espera media en 3 días. Pasando de 15 días en 2008 a 12 días en 2009. En patoloxías menores, o 2009 refexou un descenso do 40% nos pacientes que tiveron que esperar máis de 3 meses. Consultas externas No relativo ás consultas externas, a espera media sufriu un lixeiro aumento, pasando dos 43 días de espera no ano 2008 aos 51 días no ano 2009. Lei de Garantías No futuro elaborarase e porase en marcha a Lei de garantías de prestación e tempos máximos para consultas e probas diagnósticas e para intervencións cirúrxicas, coa que se establecerá unha garantía real en favor dos usuarios, non só de listas de espera cirúrxica, senón tamén en consultas de atención especializada e probas diagnósticas. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do gabinete de comunicación da Consellería de Sanidade.
- Fotografía de Marcos Rodríguez.
|