|
De 10 da mañá a 10 da noite no Martes de Carnaval de Cabana |
Correo-e
|
|
miércoles, 27 de enero do 2010 |
|

Xa preparan o entroido en Cabana de Bergantiños. A cita será o martes de Carnaval, o 16 de febreiro, e haberá actividades dende as 10:00h da mañá ata aas 22:00h da noite. Xornada de mañá Haberá de todo no Auditorio Municipal. Abrirá a Revista Cultural, con regueifeiros, copleiras, contadores de historias... Tamén música, no Festival de Inverno da Escola Municipal de Música. E maxia, con Cayetano Lledó. Xornada de tarde O Pavillón Polideportivo abre ás 17:00h con inchables, obradoiros... E gastronomía, claro, con filloas. E tamén teatro, con Badius Teatro, e artesanía, con moita cestería. Ás 18:030h haberá Pasarela infantil de disfraces, e pasarela de comparsas. E xa ás 21:0h, festa co Dúo Ciclón. Outros entroidos da Costa Novas relacionadas
|