Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
As parroquias de Cee seguen na sombra dixital  Correo-e
miércoles, 27 de enero do 2010

Image

Segue boa parte das parroquias ceenses sen ver a televisión. As posibles zonas de sombra que anunciaba a Consellería, nas que afirmaba estar traballando para solucionar, fanse eternas, e os veciños de parroquias como Estorde, Lobelos, Lires ou Canosa seguen sen ter cobertura.

Volve de novo o BNG de Cee a preguntar para cando o concello vai solucionar os problemas de sinal da TDT nas parroquias de. Lugares que levan dende o pasado día 19 sen televisión, o dia do apagamento. O BNG denuncia que ante esta pregunta o goberno municipal sempre responde que "estaban a piques de solucionalo". Por iso denuncian a "inoperancia do goberno".

Afirma o BNG que o concello desaproveitou diversas oportunidades para solucionar os fallos de cobertura da TDT. Por unha banda, as subvencións aos concellos para estudos de cobertura do sinal, realización de proxectos técnicos e dotación de equipamentos para o servizo de televisión dixital terrestre (Resolución do 28 de xaneiro de 2008). E por outra banda, a proposta do BNG de Cee de aplicar unha pequena parte dos Fondos estatais para o  emprego e a sustentabilidade local a dotar aos sete repetidores do concello da tecnoloxía necesaria para emitir o sinal dixital.

Máis información

Segue aberto o número de chamadas dos cidadáns recibidas nos números de información 012 e 981 572 154, demandando información, fundamentalmente, sobre a sintonización dos equipos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com