Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Costa vólcase con Haití  Correo-e
miércoles, 27 de enero do 2010

Varias son as propostas para axudar aos vítimas da catastrofe de Haiti na Costa da Morte das que nos puidemos facer eco. E dende distintas eidos, iso si cun denominador común: a Cruz Vermella.

A SD Sofán e Cruz Vermella

Image 

Fantástica a iniciativa da directiva da SD Sofán. A proposta de recadar fondos no pasado encontro ante o Porteño no Carral, foi todo un éxito. Un xeito de que o fútbol da Costa poña o seu gran de area para axudar a un pobo en verdadeiros problemas.

A recadación solidaria realizouse a través da Cruz Vermella, que se achegaron ao Carral e conseguiron 406,49 € para empregar en Haití. Ata os xogadores de ambos equipos fixeron as súas aportacións.

Campaña en Vimianzo

Image 

Tamén a Asemblea Local da Cruz Vermella de Vimianzo está traballando pola causa. Dende fai uns días e até o 30 de xaneiro, a entidade está desenvolvendo unha campaña de recollida de fondos para colaborar. Faino a través de distintos locais como bares, cafetarías, restaurantes, comercios ou institucións e servizos públicos como o Concello ou o centro de saúde hai uns petos para que as persoas que o desexar deixen alí os seus donativos.

Estes petos tamén están nas aulas co CEIP San Vicenzo, onde as nenas e nenos do colexio depositan as súas colaboracións. Nesta imaxe vemos aos compoñentes da Cruz Vermella de Vimainzo durante a última campaña de recollida de alimentos do pasado Nadal.

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com