|

O corcubionés Placido Castro del Rio, está considerado un dos máis grandes intelectuais de Galicia,. Galeguista dende o berce, fillo do filántropo Plácido Castro Rivas, levou o nome de Galicia por todo o mundo, sendo un dos abandeirados da cultura do páis xunto a Castelao. Entre outros moitos méritos, Castro del Río destaca por conseguir, en tempos da república, o recoñecemento de Galicia como "nación sen estado" por parte da Sociedade de Nacións. Malia non ser demasiado coñecidos, o eu recoñecemento histórico é enorme. De feito, ambos formaron parte da Elección Histórica da Costa da Morte. O noso colaborador Alejandro Lamas elexiu aos dous Plácidos para participar na singradura por parte do concello de Corcubión, a pesar de que o pai foi natural de Fisterra. Conferencia "XI Conferencia Anual Plácido Castro" Pala axudar a recuperar a súa persoa, cada ano o Concello de Corcubión, en colaboración coa Fundación Plácido Castro, organiza unha conferencia en lembranza do ilustre polígrafo corcubionés. Moi interesante a actividade da Fundación, que cada ano, ademais desta conferencia, entrega un premio da Tradución. Precisamente Castro del Río levaría o premio máis dunha vez, pola súa destacada labor de tradución do irlandés e mesmo do hindú, ao galego. O tema deste ano será "A aprendizaxe de linguas e o uso do galego: ¿complementariedade ou contradición?" E quen mellor para impartila que Henrique Monteagudo, un dos responsables da normativa da lingua galega. A cita será este venres 29 de xaneiro de 2010 ás 19:30h na Casa da Cultura corcubionesa, que precisamente está dedicada a este Fillo Predilecto de Corcubión, como vemos na placa que ilustra esta entrada. Henrique Monteagudo  Nado en Muros (1959), é profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou (1981) e doutorou (1995) en Filoloxía Galega, e onde exerce desde 1982. Investigador do Instituto da Lingua Galega da mesma universidade, é membro do seu consello científico desde 1995. Investigador do Centro de Linguística Geral e Aplicada da Universidade de Coimbra desde 2007. A súa docencia e investigación véñense concentrando na historia social da lingua galega, a sociolingüística, a glotopolítica e a planificación lingüística desde 1996. Deu seminarios de mestrado e cursos de doutoramento como profesor convidado en Universidades de todo o mundo. Desde 1988, é membro do Consello de redacción de Grial. Revista Galega de Cultura; desde 2003 é o seu codirector. É membro do Consello da Cultura Galega desde 1998, coordinador da súa Sección de Lingua ata 2008 e director do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. É secretario do CCG desde o ano 2000. Membro do Conselho da Editorial Parábola (S. Paulo, Brasil), e do Consello de redacción da revista en liña Estudos de Lingüística Galega. Nas súas liñas de investigación e publicacións tocou temas de filoloxía, historia da lingua e sociolingüística, ademais de editar textos de autores galegos, medievais e modernos (desde Martín Sarmiento e Rosalía de Castro a Otero Pedrayo, Castelao e Ramón Piñeiro). Entre os seus traballos, salientan a Historia social da lingua galega (1999), a edición das Obras de Castelao (8 volumes, 2000) e da obra de M. Sarmiento De historia natural y todo género de erudición. Obra de 660 pliegos (cinco volumes, 2008-09), e maila dirección do Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia (3 vols., 2002-04). Tamén é corresponsable do traballo A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia 1991-2003 (2006) e autor da monografía Letras primeiras. O foral do Burgo de Caldelas, os primordios da lírica trobadoresca e a emerxencia do galego escrito (2008). Co-autor de De verbo a Verbo. Documentos en galego anteriores a 1260 (2009). Foi editor científico do volume Estudios de Sociolingüística Galega (1995) e da obra Norma Lingüística e Variación (2005). Máis información Novas relacionadas Artigos de Alejandro Lamas Costa Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotos históricas do Igadi.
- Fotografía de Monteagudo de Editorial Galaxia.
|