|

Uns 200 alumnos dos Colexio Manuela Rial e CEIP Eugenio López de Cee, están esta semana, do 25 ao 29 de xaneiro, aprendendo de seguridade vial. E o fan da man da RACC, entidade líder no ámbito da mobilidade en España con máis de 1.100.000 socios. RACC e o Concello de Cee están a presentar nos colexios da localidade o novo Programa de Educación pola Mobilidade. A educación como solución O obxectivo do Programa é conseguir unha mobilidade cada vez máis segura a través do ensino da educación en valores xa desde a infancia, un feito que contribúe á redución da sinistralidade e dos accidentes dos futuros condutores. Iso si, para iso a RACC propón unha serie de actividades lúdicas e divulgativas, nada de charlas teóricas aburridas. As actividades que se realizarán van desde vídeos de divulgación sobre Seguridade Viaria ata xogos interactivos incluídos nun CD-ROM. O PEM ten un carácter interdisciplinar. Está deseñado de forma que o profesor pode achegarse á temática da seguridade viaria desde calquera das materias que se imparten normalmente. Para conseguir un funcionamento real, e como nos indica Lucía Serantes, responsable da Fundación RACC en Galicia e Asturias, é preciso tomar estas actividades dende unha óptica integral. Isto é, tomalas dende varios puntos de vista: - coa implicación do colexio, a contorna familiar, medios de comunicación, colectivos sociais ou forzas de seguridade na educación viaria dos nenos e nenas, que tenden a imitar os comportamentos que observan habitualmente.
- na contorna escolar, como un eixo transversal, que permite abordar as cuestións relacionadas coa mobilidade desde todas as áreas curriculares.
- como unha formación continua ao longo da vida, que debe iniciarse na familia e a escola, complementarse na autoescola e consolidarse nos cursos de condución segura.
Vemos unha escena do simulacro de seguridade vial realizado o pasado maio de 2009 en Cee. Máis información Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Nota de prensa da RACC da man de Lucía Serantes, responsable da Fundación RACC en Galicia e Asturias.
- Fotografía de Marcos Rodríguez.
|