 Chámome Mario, teño 22 anos, son técnico de telecomunicacións e sistemas informáticos e vivo no Ézaro. Gustaríame achegarvos a través de este espazo a unha temática da que moita xente gusta, pero que moi pouco sole aparecer tanto na tele como no resto de medios, agás as noticias importantes.. que en realidade… son as que menos interés teñen. Analizaremos feitos cientificos curiosos, así como as novidades das últimas tecnoloxías e como para ben ou para mal nos van afectar na vida diaria. Seguiremos o progreso de cerca, os cambios que imperceptiblemente dia a día ocorren e que nos fan avanzar técnoloxícamente, analizando os pros e contras, camiñando da man da evolución científica e técnoloxica neste século XXI. Miraremos presente e futuro, e porque non… pasado.. as verdades e lendas urbanas, as melloras e desmelloras, o negocio e o altruismo… benvidos a este mundo que non da para pouco e do que seguro día tras día aprenderedes e vos sorprenderedes. 
Estes días está a haber moita polémica sobre o ceminterio atómico que se disputan por instalar nos seus concellos os alcaldes de Ascó e Yebra,. Portada de xornais e noticia indiscutible en calquer telexornal que nos fai chegar as protestas de moita xente polo futuro emplazamento do ceminterio. Protestas que, aínda a pesar de que estos ceminterios contan coa máis avanzada tecnoloxía que garantizan un hermetismo “case” perfecto dos seus residuos, non deixan de ser totalmente fundadas; xa que aínda con toda a seguridade que ofrecen.. o risco é demasiado grande. Ben, este artículo pode ser un pouco máis político que científico, pero non me podo resistir a ter que falar de un problema moitísimo mais grande que temos en Galicia e do que hoxe en día xa non se fala, e ata asemella estar esquecido por completo. Refírome ás 140.000 toneladas de residuos núcleares que se encontran dende fai 27 anos a 300 millas de Fisterra, na “Fosa Atlántica”, 140.000 toneladas sen control e cunha radioactividade estimada (según din) de 1 millón de curios (Na area cercana a Chérnobil, liberáronse durante o incidente uns 130.000 curios, para facernos unha idea). Seguro que moita xente se acorda da imaxe do barco de pesca o “Xurelo” onde viaxaban políticos de Esquerda Galega, xunto con activistas galegos, que se uníron a Greenpece para intentar frear os verquidos de 6.400 toneladas de residuos dende os barcos Británicos e Holandeses no 1982. A súa loita non foi en van, xa que finalmente o goberno inglés cesou os verquidos, pero era demasiado tarde, 140.000 toneladas quedaron expostas a corrosion salina e a presión do mar a 3 Km de profundidade. Esos bidóns eran de aceiro aos que se lle inxectou hormigón, co obxectivo que duraran o suficiente como para que pasasen os aproximadamente 120 anos que fai falla para que a radioactividade desapareza. Pero resulta que algúns estudos posteriores indican que estas medidas de seguridade, dentro do mar e aguantando a presión da auga, só darían confianza para os 50 primeiros anos, a partires de ese intre... os bidóns poderían ter roturas. Como exemplo temos os bidóns que se tiraron no Canal da Mancha nos anos 50 e 60, con menos potencial pero iguales carácteristicas de hermetismo e que a día de hoxe están bastante deteriorados. Por se fora pouco, en Galicia existe unha microfalla, un saliente que sobresale de unha falla normal e que pode provocar movementos da placa que afecten a fosa, tanto para ben como para mal. ¿Por que non se realiza ningún control dos verquidos para comprobar o estado dos bidóns? ¿Por que ninguén se pronuncia e fai presión para que se estude cos medios que temos hoxe en día e se garantice a seguridade dun dos maiores vertedoiros atómicos do planeta? As trabas principalmente eran que os verquidos se atopan en aguas internacionais e que é responsabilidade da Axencia Atómica Internacional o comprobar o seu estado, pero non o fan porque simplemente non teñen “datos preocupantes” respecto de este caso. Dende España o Consello de Seguridade Núclear é o encargado de analizar cada 3 meses o estado da radiación no mar das costas galegas, xa que é o único que poden facer por este tema, e por ahora non encontraron ningún indicio de radiación no litoral, por ahora.. ata que algún día, claro está, encontren algo… Mentres tanto a fosa segue aí, sen niguén que exerza autoridade sobre ela, unha fosa que o máximo responsable en materia nuclear de Greenpeace calificou como “Unha bomba de reloxería”. O único, repito único dato tanxible sobre as consecuencias de estes bidóns son as mostras de sedimentos, fauna e auga recollidos en zoas cercanas a fosa polo Organismo internacional de Enerxía Atómica nos anos 1992, 1996 e 1998; e que mostran a presencia de radionucléidos antropogénicos. Ademais constatouse un incremento de estes radionucléidos o longo dos anos suxerindo que existen pérdidas de material radioactivo medibles nos bidóns, ainda que de un impacto ecolóxico “probablemente” mínimo. O que sí está claro, e que igual que pasou co Prestige, os únicos damnificados imos ser os Galegos, os cales nunca se lles presta atención en temas ecolóxicos hasta que pasa algo. E estamos fartos de precedentes de este tipo, sen ir máis lonxe aínda temos en Fisterra ao “Casón”, afundido no 1988, do cal todavía hoxe en día non se sabe con exactitude a carga que transportaba. Pero bueno, sempre nos quedará o consuelo de que alomenos, teremos os nosos políticos para tranquilizarnos e restarlle importancia a estes asuntos, decindonos con todo o cariño do mundo, que non pasa nada, que só nos preocupamos por “hilillos de plástilina”. - Mario Rodríguez Gómez (mariorodriguez[arroba]quepasanacosta.com).
Artigos anteriores en Ciencia e Tecnoloxía Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|