doMngo, 14 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Ultras TV  Correo-e
jueves, 28 de enero do 2010

Image

Democrapatía é un posto de crítica e denuncia social en base aos razonamentos propios da ideoloxía persoal de Xabier García. A intención deste espazo é despertar o espíritu social e alimentar a racionalidade humán con golpes dialécticos á apatía xeral. Apatía que acepta a escravitude e o dominio polo mero feito de que a raza dictadora e opresora lles ofreza unhas celdas cómodas e nos surta dunha aromática droguería alimenticia.

De tal forma tentarase a diaria expresión literaria sobre noticias de toda índole, a denuncia de inxusticias aceptadas e/ou a palabrería ideolóxica que abofetee a apatía social cando vivimos nunha era lista para unha nova Revolución.


Que é ser Ultra? A mellor definición que lin saeu do puño e letra de Victor Hugo: “Ser ultra é ir máis alá, é facer a guerra ao cetro en nome do trono, e á mitra en nome do altar; é maltratar o que se arrastra; é saltar como un tolo ao tiro dos cabalos para que vaian máis rápido; é censurar a fogueira porque queima pouco aos herexes; é reprender ao idólatra pola pouca idolatría; é insultar por exceso de respeto; é atopar no Papa pouco papismo, no rei pouco realismo e moita luz na noite; é estar descontento do alabastro, da neve, do cisne e da azucena en nome da brancura; é ser partidario das cousas ata o punto de ser o seu enemgio; é levar o pro ata o contra”.

A radicalización das opinións é o show mediatico que se converte na nova relixión rebuscando na súa esaxeración o pasmo e a atención do pobo que levanta os párpados ante o novo lider mundial, a televisión. Esta dicta sentencia sobre o que debemos pensar, como debemos vestir e comportarnos. De ser un medio de difusión visual dunha realidade que outros medios nos fan imaxinar, pasou a ser o novo xesús; ela trainos a verdadeira palabra e difundea para que nos acheguemos ao modo de vida que a deus lle gustaría, omnipresente él con canles e chalets en todo o mundo. 

A maior parte da sociedad humana e vista dende iste Olimpo como unha raza inferior que se pode domesticar. Forraxe barato e artificial para amansar os desexos, traballar todo o día para afogar as rebelións, un pouco de tempo a pastar para que non se sintan escravos, e volta á cuadra cunha música que aumente a producción do leite ou imaxes que calmen a conciencia. Gran utensilio a televisión como hipnótica programación posta ao interés do rico profesorado que a subvenciona e a dirixe. Despois xa che pode dicir misa un doctorado en tal ou licenciado en cual … pois a televisión dixo; e ista é a verdadeira e única realidade: “Teño 92 anos vividos no campo e nos últimos anos a pelaxe das vacas, a florasión e o tempo volvéronse tolos por culpa do cambio climático con tanta contaminasión da virjen”; “Que va home, que na tele vin eu onte un señor que dixo que son ciclos da naturesa, a culpa e do mundo”. Acabouse a discusión. Moitos non desexan chegar a casa para ver aos fillos ou a muller, desexan chegar para ver tranquilamente a televisión e rezarlle en paz e soidade, cada un co seu santiño. 

Estes días o show que nos ocupa é Haití. Un gran terremoto, unha poboación pobre que sufre as consecuencias e milleiros de casos de verdadeira tristeza. Certo! A existencia destas penurias humanas danse en moitos lugares do mundo dos que non fala o noso lider, “hai tv!”; mais estes parecen carecer de importancia porque non son espectaculares, non teñen unha intriga hollywoodiense, ou simplemente aburren, “esta película xa a vin”; como a dos nenos africanos famelicos co bandullo hinchado ante a espera dunha morte infantil nada glamurosa, sen un terremoto, un maremoto, un avión caido, boh!. Ademáis está o posible sentimento de culpabilidade do que temos que escapar para non perder ises cortos recreos laborais feitos para xogar e desfrutar.

- Mire, chamaba para aportar axuda aos pobres desgraciados de Haití.
- Nestes intres están as líneas saturadas, pero si quere podo pasarlle coa axuda a Etiopía.
- Non, non se preocupe, espero.

Onte na radio escoitaba a un haitiano pedindo que lles levaran axuda, que escoitaba moitas boas intencións e que había moitos medios de comunicación na illa, pero que non vían plasmarse a solidaridade da que se fala en ningún punto, pedía coa boca pequena que se lle levase dalgunha forma a axuda e non se dese a algúns organismos que a debían ir perdendo polo camiño. Curioso que en máis de dúas semanas non lles chegase nada, aquí disfrutamos dende o sofá cada día a diferentes horas de mil e unha comunicacións ao longo de cada día, historias drámaticas, de terror, vivencias, etc. “Hai disparos, pillaxe e caos en Puerto Principe”; isto pasa porque se estan volvendo todos malos ou porque non lles chega a axuda ¿?; pensando mal diría que se busca a promoción de situacións dramáticas para o subsistir da noticia nos medios e subir a audiencia. Os medios son importantes para denunciar cousas, certo; pero os medios son privados. ¿Algunha vez denunciouse a Berlusconi en Tele5? Non, ni o verás en Cuatro e se vas a Italia descubrirás que realmente é un santo. Non hai un medio que non obedeza a un interés, a non ser internet onde cada un pode ter un espacio sen ter un censor.

Dende o día seguinte ao terremoto, fai 16 días, fálanse de centos e centos de millóns que se suman entre a axuda dos cidadáns, de famosos, de empresas, organizacións, etc. E o noso lider, hai tv!; alarga o espacio televisivo da noticia cos milleiros de haitianos e haitianas que asaltan un camión con 4 sacos de arroz que leva o exército ou coa anarquía xenerada por un campamento humano cercado polas cámaras do gran irmán en busca do show através da explotación do sufrimento nunha escenografía propia de hollywood. ¿Cando baixe a audiencia chegará a comida para os Supervivintes? E despois cambiaremos de canle e esperaremos entre serie e serie a aparición doutra nova atractiva, interesante e intelectual que enriquezca o debate na nosa vida contribuíndo a mellorar a nosa sociedade, e senon alo menos a apaciguar as bestas.

¿É Cristiano Ronaldo maltratado?

  • Xabier García (xabiergl[arroba]quepasanacosta.com)

Democrapatías anteriores

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com