Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Protestas na pesca de baixura polas malas prácticas dos arrastreiros  Correo-e
jueves, 28 de enero do 2010

Image

Os problemas do sector da pesca danse tanto en terra coma no mar. Xa vimos os problemas no pósito de Laxe, unha vez atracados os barcos. Pero tamén no mar os asuntos non andan ben de todo.

Cóntanos dende a Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar-Armega) unha práctica vivida a semana pasada:

O pasado xoves 21 de xaneiro unha embarcación de artes menores que tiña calados Miños ao Sur de Bustaján (coordenadas: 42º 37’719” N e 09º08’390” W) na ría de Muros-Noia, perfectamente identificados e balizados. Ao querer proceder ao seu levantamento percatouse de que o aparello non estaba.
Percorreu a zona na procura do aparello sen obter resultado algún, nin de boias nin de redes, nin de que este fose desprazado pola corrente, do que se deduce que este foi arrancado do seu balizamento por un arrastreiro que, realizando unha manobra de pesca non permitida para este tipo de buques nesa zona, a 40 brazas de profundidade, arrastrou na virada os Miños do anterior.

Caso habitual

Este suceso non se trata de un caso illado, senón que soe ser unha práctica habitual, afirman dende a Asoar. Estas supoñen para os armadores de artes menores, non só unha importante molestia, senón unha considerable perda económica. Neste caso eran 15 pezas de miños, pero tamén adoitan remolcar outras artes como: nasas, betas, ..., que en tódolos casos se encontran correctamente balizadas e identificadas e cumprindo coa normativa vixente.

En ASOAR-ARMEGA afirman ter recibido continuamente queixas de distintos puntos do litoral galego de armadores de pequenas embarcacións que se encontran nesta mesma situación e que se senten impotentes ao non poder reclamar os danos ocasionados. Desde esta entidade téñense transmitido estas queixas as administracións competentes, pero ao non existir probas destas prácticas, non dá lugar a reclamacións, así que os propietarios destas pequenas embarcacións séntense impotentes ante este tipo de prácticas por parte dos arrastreiros, que trae consigo un xa coñecido e comprensible malestar no sector da baixura ante estas accións.

Novas relacionadas

  • Dúbidas sobre o Plan de explotación do polvo.
  • Nace a Plataforma pola Cofradía de Laxe Libre.
  • Lonxanet fomentará o peixe sostible e galego.
  • Un repaso sustentable á ría de Corcubión.
  • 12 toneladas menos e un novo exemplo de sustentabilidade no mar.
  • Estudios da ASOAR

    Xornadas de salvamento

    Máis novas

    Fonte

     
     

    Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

    Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


    Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



    Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com