sábado, 13 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Corcubión prepara o seu Entroido  Correo-e
jueves, 28 de enero do 2010

Image 

Outro dos concellos que xa ten artellado o seu entroido é o de Corcubión. Aquí traemos as bases que rexerán o concurso de disfraces e comparsas que terá lugar o sábado día 13 de febreiro á partir das 16:00 h, durante a celebración do tradicional Entroido. Por aquí imos vendo varias imaxes do entroido do ano pasado.

Bases do "Concurso de disfraces e comparsas 2010"Image

  • 1. O concurso constará de tres modalidades: a) comparsa, b) grupo e c) individual
  • 2. A inscrición realizarase na Casa do Concello de Corcubión ou por teléfono no nº 981 74 54 00. A data límite de inscrición é o 9 de febreiro ás 15:00 h.
  • 3. Só se poderá presentar a unha das distintas modalidades do concurso co mesmo disfrace.
  • 4. Ademais da categoría "individual", de un único integrante, os "grupos" estarán formados por un mínimo de 2 e un máximo de 9. As "comparsas" estarán formadas por un mínimo de 7 integrantes.
  • 5. Todos os participantes no concurso deberán formar parte do desfile de Entroido polas rúas da vila, que partirá ás 16:00 h desde a Praza de Castelao o sábado día 13/02/10.
  • 6. As comparsas deberán acompañar a súa actuación cunhas coplas das que deberán entregar copia ao xurado antes da actuación.
  • 7. A orde de actuación en cada modalidade designarase mediante sorteo efectuado polo xurado. Por categorías actuará en primeiro lugar a individual, logo os grupos e finalmente as comparsas.
  • 8. O xurado estará integrado por membros de distintas asociacións do Concello de Corcubión.
  • 9. O xurado valorará de 1 a 10 puntos os seguintes aspectos de cada individuo, grupo ou comparsa participante: disfrace, orixinalidade, coreografía e coplas.
  • 10. Establécense diversos premios para os primeiros, segundos e terceiros clasificados nas distintas categorías.

Novas relacionadasImage

Outros entroidos da Costa

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Corcubión.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com