|

Nada novo ao aparato. Os datos que nos ofrece o Instituto Galego de Estatística (IGE) reflicten o que xa sabiamos, que a Costa da Morte é unha das zonas do país onde a internet ten menos presencia, como podemos ver no mapa. Son os datos extrañidos da "Enquisa de condicións de vida das familias" elaborada polo (IGE), que apuntan que tan só o 17,42% dos fogares da Costa teñen conexión, fronte a un 33% do conxunto do país. Tan só, a zona máis sureña de Ourense ten unha menos implantación da rede. Ademais, estas cifras podemos comparalas coa media estatal, estando o conxunto de Galicia un 14% por debaixo da media española. "Faltan infraestruturas e concienciación" Aproveitamos a entrevista que facía a Radio Galega esta mañá a un dos meirandes especialistas no campo de todo o país. Daniel Cerqueiro, xerente de Galinus e responsable de comunicación da Asociación de Empresas Galegas adicadas á Internet e Novas Tecnoloxías EGANET, afirmaba que en Galicia faltan moitas cousas. Sobre todo "Falta traballo de concienciación por parte das administracións". O problema é a xente máismaior, porque "a xente nova xa o ve como algo imprescidible para o seu desenvolvemento perosal e profesional". Malia ver o futuro con certo optimismo, Cerqueiro é consciente de "as novas tecnoloxías son a única maneira de modernizarnos". Así e todo, "o problema é o ritmo de crecimento, porque o crecimento é imparable, pero hai que estar competindo sempre á última", afirmaba. E nese sentido mostrou a súa preocupación pola pouca implantación das tecnoloxías de comunicación nas empresas. "No 2009, tan só un 30% das empresas investiron na súa modernización en novas tecnoloxías. Este é un dato preocupante porque este campo pode mellorar moito a súá produtividade". Iso si, para que todo esto sexa unha realidade, e aquí somos uns dos que o sufrimos, "faltan infraestruturas no rural", sentencia Cerqueiro. Quen o usa? As maiores porcentaxes de uso do ordenador danse nos grupos de idade de 5 a 19 anos e de 20 a 29 anos, onde preto de 8 de cada dez rapaces e mozos galegos comprendidos nestas idades utilizaron o ordenador no último mes. De aí a fenda que hai entre nativos dixitais e inmigranes, como sempre apunta Dani Cerqueiro, nas súas sesións didácticas sobre redes sociais ao profesorado. De aí da importante de, por exemplo, a reciclaxe do mestre cara ás novas tecnoloxías. Alfabetización dixital A resposta das adiministracións no proceso de alfabetización dixital segue sendo moi baixa. A proposta da anterior xunta da Rede de Dinamización da Sociedade da Información vai desaparecendo pouco a pouco, e tan só en Camariñas mantense viva gracias ao dinamizador Oscar Clapés. Centos de veciños pasan polos seus obradoiros para aprender as máis básicas necesidades. Seguro que teñen que ver coa gradísima participación na rede submariña camariñá. Onde temos internet? Sobre onde nos conectamos, as cifras indican que case o 70% faino dende casa, mentres que algo máis dun 30% faino dende o traballo. Con todo, na Costa da Morte é probable que os datos sexan diferentes, porque debido á baixa porcentaxe de fogares con conexión Por que non queremos internet? Os motivos polos que os fogares galegos non teñen conexión a internet son fundamentalmente que “Non queren porque non lles parece interesante ou útil”, nun 40,7% dos fogares. Este dato é moi indicativo, no sentido da necesidade de concineciación por parte das administracións. Tamén acusan aos “custos altos”, nun 27% dos casos, e a “falta de coñecementos”, nun 20,1% dos fogares. Administración electrónica Pouco a pouco, os concellos da Costa van traballando na implantación da Administracións Electrónica. Zas e Ponteceso son exemplos a seguir na bisbarra. Ollandos datos do 2008 un total de 267.405 persoas de 16 ou máis anos relacionáronse coas administracións públicas a través de internet. Isto supón que o 16,5% do total da poboación que realizou xestións coas administracións públicas o fixo a través da rede. Os principais servizos polos que interactuaron coas administracións públicas a través da rede foron: facer a declaración da renda e xestións sanitarias (pedir citas, solicitar tarxeta, cambios de médico...). Compras por internet Pouco a pouco, e seguro que no último ano máis, a poboación galega vai perdendo medo a compar por internet. A comodidade é a grande pero a desconfianza do galego fetén, que diría Manolo Rivas, vai en contra. Os datos apuntan que entre a poboación de 16 ou máis anos que se conectou a Internet nos tres últimos meses, o 16,3% realizou algunha compra por este medio. Sobre o total da poboación de 16 ou máis anos, a porcentaxe dos que realizaron algunha compra a través da rede baixa ata o 6,4%. As maiores porcentaxes, no tocante ás compras realizadas por Internet, rexístranse entre a poboación de 20 a 29 anos e a de 30 a 39 anos, nos que a porcentaxe que nos tres últimos meses realizou algunha compra por este medio foi do 11,9% e do 12,1%, respectivamente. Entre os bens e servizos mercados máis habitualmente a través de Internet figuran os viaxes ou billetes para medios de transporte; o 66,5% das persoas de 16 ou máis anos que realizaron compras por internet mercaron este produto. A continuación atópanse as entradas para espectáculos (22,5%), o equipamento electrónico (17,1%), os libros, revistas periódicos e material educativo (14%) e a roupa e complementos (12,7%). Telefonía móbil Como apunte, ollamos como o teléfono si que se integra na sociedade a pasos axigantados. No ano 2008 xa eran 7 de cada 10 galegos de 5 ou máis anos utilizou o teléfono móbil, cifra moi superior á rexistrada no ano 2002, que se situou no 42,5%. Malia e todo, este diario dixital segue crecendo en visitas día a día. Por iso, por obrigarnos a manter este diario vivo, todo o equipo de QPC e de Galinus quere darvos as gracias. Máis información Novas relacionadas Fonte
|