Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Debates estériles  Correo-e
viernes, 29 de enero do 2010

Image

Se abusa habitualmente da calificación de “estéril” cando se trata de comentar debates abertos o redor de asuntos de fondo calado que, seguro, ocupan unha franxa de tempo entre a sociedade maior que a dun debate de menor calado. Por exemplo, debates estériles son todos os referidos a interese ou non de instaurar a pena de morte, ou a cadea perpetua por delitos graves, ou sobre a conveniencia de pago ou non de impostos, ou sobre a importancia de certos feitos (paro endémico, perigosidade na rúa, etc,etc). Debates todos interesantisimos na miña opinión pero que non ten interese abrir porque, nos din, non levan a ningunha parte. Bueno, pois non, non é certo, si levan… pero non interesa que se fagan. 

¿A quen non lle interesa?. En primeiro lugar a aqueles os que deixa en evidencia ese debate. No caso do recen aberto sobre a cadea perpetua, os políticos en xeral, incluidos os que o abren con intencións puramente electoralistas e populistas. Porque confunden as razóns reais polas que a sociedade percibe que son necesarias as penas privativas de liberdade. No caso dos dirixentes, para reinsertar o preso e dar tempo a súa reintegración na sociedade. No caso do cidadán, para castigar un acto delictivo. Si a sociedade percibe, como agora sucede, que un delito non foi adecuadamente castigado, o primeiro e pedir que se castigue e o seguinte, a vista de que non se consigue o primeiro, que se castigue moi duramente. Todo demostra, na miña opinión, unha carencia de solvencia por parte dos administradores que equivoca a sociedade nas súas peticións.  

Outro caso. O sucedido en España entre 1936 e 1939 foi unha guerra. O sucedido dende o 39 ata o 55, mais ou menos, foi unha masacre, un fato de crimes contra a humanidade, limpeza ideolóxica por medio da tortura e a morte e actos impropios da raza humana. Punto. Non cabe moito máis debate pero sería interesante revisar por que ninguén pagou por aqueles crimes e por qué aínda hoxe custa tanto falar do asunto, da época e sobre todo das persoas, vivas e mortas, que protagonizaron a represión. ¿Debate estéril?.  Para min máis ben debate necesario, preciso, perentorio mesmo. Centos ou miles de persoas xacen en cunetas e campos sen unha mínima identificación mentres aquí os agoreiros de sempre anuncian “coidado, que o mellor volven os tempos da guerra”… ¿que é iso, unha ameaza?. 

¿É un debate estéril cuestionar a Neria coma entidade útil para nada máis que para acaudillar un tipo de tendencias trasnoitadas e esgotadas polos mesmos que as inspiraron?. ¿Por qué non debater sobre a necesidade dun organismo privado que xestiona fondos públicos de tal contía que motivan amores e odios tan profundos?. ¿Por qué non debater sobre o habitual desinterese das administracións autonómicas na nosa comarca e no seu desenvolvemento?, ¿Necesitámolas?, ¿Para que?. 

¿Para que deixar de debater si certos feitos e decisións de certos rexedores na comarca (máis dun) son ou non delictivos?, ¿Qué ten de malo dicir que o Mercado Dominical en Cee é unha perda de tempo e cartos para a maioría dos comerciantes na vila?, ¿Qué medo hai en dicilo e debatelo longo e tendido ata tomar unha decisión?. Ou aínda mellor, ¿de verdade que desune algo ou alguén discutir sobre onde remata e por que o camiño de Santiago?. E outra sobre o caso, ¿qué ten de bo, con estatísticas económicas reais na man, o citado suposto instrumento de difusión turística?. ¿Alguén pode dicir, con números, canto gañou a comarca en euros dende que se gasta en promocionar o citado percorrido?, ¿e si contrastamos o gastado co gañado, sae positivo ou negativo o saldo?. ¿Que medo hai neste debate… que nolo quiten? 

¿Qué tería de malo debater a conveniencia ou non de que se colocase en Cee un campo de golf?, ¿E un ATC nuclear?... ¿Por qué temos tanto medo a falar de aquilo que nos pode chegar a afectar de xeito irreversible?. 

Parte da “graza” que ten o xogo democrático esta no debate. Canto máis aberto e sincero, canto máis serio e argumentado maior proveito para todos. Canto máis se fala de algo dende a razón e sen populismos mellores decisións se soen tomar e máis consensuadas son estas. Impera, nembargantes o escurantismo por doquier e a lei do silencio como norma básica de xestión do noso dereito e discrepar e discutir… a debater. 

Debates estériles, din. Estéril política de barra de bar, diría eu.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Máis información e contacto

Novas relacionadas

Columnas anterioires

Máis información

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com