sábado, 13 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Mundo salvaxe  Correo-e
viernes, 29 de enero do 2010

Image

Foi aló nos comezos dos setenta cando Aurelio e Isolina se estableceron en La Ciudad. Viñan do sur de Ourense, de Viana do Bolo. Lémbroo agora porque Lolo, o fillo máis vello, sempre lles dicía aos amigos: Este sábado no voy bajar, neno, que nos vamos a la aldea, a Viana del BolloEn La Ciudad, dicir que ías á aldea era espirse en  público. Deixabas irremediablemente á vista a orixe dos teus pais, dous pailarocos. Buahhhh, neno, te vas a la argolla. E todos escachaban de risa. Argolla e aldea eran sinónimos para os habitantes de La Ciudad. Representaba a argola nasal dos aborixes. A indixenia. O mundo salvaxe.

Ademais, ese mundo salvaxe da aldea era un totum inapreixable que atinguía un espazo indefinido. Só había un límite: aldea era todo o que non era La Ciudad, e comezaba, por exemplo, ao cruzar a Ponta da Pasaxe (nunca así chamada polos habitantes de La Ciudad.) Aldea era Betanzos, era Ribeira ou mesmo Lugo. Pero había prototipos: Pareces de Coirós.

En La Ciudad, non obstante, había moitos Aurelios e Isolinas que viñeron dende calquera lugar de Galicia a traballar, e tiveron moitos Lolos que se criaron e medraron alí. De feito, a maioría da xente vén de fóra, aínda que sempre atopas con alguén que es de La Ciudad de toda la vida. Foi esa xeración, a do Lolo, a que para sobrevivir en La Ciudad donde nadie es forastero activou un sistema de transmutación mimetizándose co contorno. Ciudadeses de sempre e para sempre, que cambiaron a maneira de falar herdada polos pais, renegaron das orixes e puxeron unha viseira e un chándal. Vaia, algo así como pequenos michael jacksons. Desertores do arado.

Os tempos mudaron. Lolo medrou e xa é un home casado e con fillos. Agora, cunha parella de amigos, van de cando en vez á aldea a unha casa de turismo rural e fala cos paisanos nunha especie de galego con acento de La Ciudad. Cho digo eu, que a min sempre me molou a aldea, neno! Van todos moi guapiños con prendas de Decathlon, porque no fondo, están de expedición no mundo salvaxe. Sacan fotos ás galiñas, comen caldo e pisan bosta. Antropólogos.

O domingo, á noitiña, regresan a casa miles de Lolos e Aurelios. Ringleiras de coches tristeiros que retornan a La Ciudad con cara de luns. Lolo mercou unha pegatina. Salvemos os osos dos Ancares. Aurelio trae no maleteiro repolos e patacas para todo o mes.

  • Xaneiro 2010. Serxio Iglesias ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver )

Ouras historias nómades

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com