Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Corcubión pedirá fondos para arranxar os danos do polideportivo  Correo-e
viernes, 29 de enero do 2010

Image

Corcubión amencía o pasado luns, 25 de xaneiro de 2010,  cun dos muros do pavillón municipal desfeito, logo de derrubarse un talud. O suceso podería deberse ás torrenciais chuvias que caeron hai uns días na bisbarra. Isto provocou o acceso dunha gran cantidade de pedras e terra ó interior do recinto. Un pavillón que se utiliza para múltiples actividades, como por exemplo preparar a obra do Desembarco do Mercado Medieval, como vemos na imaxe.

Este xoves, 28 de xaneiro de 2010, o alcalde corcubionés, Francisco Javier Lema, pasou polos micrófonos de “O Ronsel”, programa de Radio Neria e Radio Roncudo que dirixe Óscar Rey. Foi Adrián Leira quen entrevistou a Chisco para coñecer cál é a resposta do Concello ante o acontecido.

O rexedor corcubionés explicou que no momento da construcción do polideportivo, o talud afectado non se reforzou cunha cimentación axeitada, polo que a forza coa que a terra escorreu, provocou o derrubamento do muro.  Lema afirmou que xa se retiraron os cascallos do interior do pavillón e agora hai que proceder a pechar a fachada con bloques. Para o peche, o máximo responsable da corporación municipal apuntou que é necesario reforzar o talud cun muro de contención, un gasto que estiman nuns 60.000 euros, e ó que o Concello non pode facer fronte. Deste xeito, o alcalde insta ás distintas administración a que acheguen unha dotación económica para poder arranxar o imprevisto. “É unha obra custosa pero imos tentar que o luns, que temos un pleno extraordinario, toda a corporación poda pronunciarse e por unanimidade, pedirlle a outras administracións como a Xunta ou a Deputación, que nos boten unha man económicamente para facer ese muro de contención e que non haxa problemas nun futuro”.

Chisco apelou nas radios comunitarias da Costa ó que fixo a Xunta noutros casos semellantes, como o acontecido co muro do talud na parte traseira da Casa da Cultura, cando a Consellería de Presidencia establecera unha serie de axudas a través dun decreto, logo de obter a calificación de zona catastrófica.

Pero por se fora pouco, as goteiras do pavillón tamén foron obxecto de comentario. Sobre éstas, Francisco Javier Lema dixo que “estamos vendo como podemos arranxalas pero nestes días, ó diminuír as intensas chuvias, as goteiras diminuíron moito, pero aínda non se puxo man para dicir que estean arregladas definitivamente”.

Con esta situación tódalas actividades deportivas do concello están suspendidas, pero dende o executivo local apuntan que a vindeira semana van valorar se non existen riscos co talud que quedou alí, coa intención de reanudar as actividades. Afectadas están varias actividades do colexio ou mesmo algunas adicadas ás persoas maiores como as de mantemento.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Fran Lago para QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Programa O Ronsel da Radio Roncudo e radiONeria.

 
 
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com