Luns, 15 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O Spotify  Correo-e
viernes, 29 de enero do 2010

Image

Xoán Marcos Traba (Corcubión, 1982)

O noso especialista musical medra na vila de Corcubión influenciado pola música máis cañeira, escoitando grupos míticos como Nirvana, Metallica, Rage against the machine... Contaxiado pola nova tendencia indie do novo milenio, comeza a mamar dos The Strokes, Franz Ferdinand, etc.
A día de hoxe realiza un programa na radiONeria e Radio Roncudo, o Super Freak Night Show, xunto a Dj Alan, os venres ás 22:00h.


Antes de nada o que quero e desculparme, nin si queira sei si isto e propio dunha columna e si o é, si o propio da miña, pero levo algo máis dun mes con esta ferramenta no meu ordenador e dende entón a música ten novos matices para min. A ferramenta en cuestión chamase Spotify, probablemente moitos de vós xa a coñecedes, pero para os que non, aí vai isto.

Spotify e unha ferramenta, que no medio dos debates sobre compartir ou como outros lle chaman piratear musica, que si os dereitos de autor, que si lei de economía sostible, que si  tumba, que si dálle, sexa capaz de acabar con moitos destes problemas para ambas partes: os que comparten e os que fan da musica un negocio.

Spotify permite escoitar musica de balde de forma on line, sen ter que pagar nin un mísero céntimo de euro.

A aplicación permítenos: buscar os artistas que mais che gusten, por artista ou estilo, compartir listas de reprodución tan só con arrastralas os correos, e mesmo compartilas nesas cousas chamadas redes sociais que están tan de moda, facer listas colaborativas cos teus amigos ou con quen queiras, usando a chamada radio do artista podes encontrar grupos co mesmo estilo que estas a escoitar,etc. E todo iso so a cambio de escoitar algo de publicidade, e cando me refiro a  “algo” e porque só é algo. E so cando so para aqueles que lles moleste ese “algo” poden facerse cunha conta de pago, na que por menos de 10 € o mes deixas de escoitar ese “algo” de publicidade, e non so iso, ademais adquires a posibilidade de gardar as túas listas no teu ordenador e escoitalas cando estes off line. Outra das súas infinitas vantaxes e que tamén o podes usar no teu móbil, iso sempre e cando teñas un iphone ou un móbil con  Android conectado a rede.

A pequena desvantaxe e que para usalo de balde necesitas unha invitación, un pequeno obstáculo que poder superar facilmente buscando “invitación spotify” nun buscador.

O meu consello descargádeo, probablemente non vos arrepentiredes.

  • Xoán Marcos Traba (xoanmarcostraba[arroba]quepasanacosta.com).

Máis información

Outras Crónicas do Super Freak Night Show

Novas relacionadas

Máis información

  • A Opinión da Costa.
  • As novas Firmas QPC.
  • Fonte

    • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
     
     

    Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

    Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


    Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



    Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com