|
Cee prepara o seu Entroido sabatino |
Correo-e
|
|
viernes, 29 de enero do 2010 |
|
Este ano, o entroido de Cee será o sábado 13 de febreiro. A cita comezará pola mañá cunha Festa infantil na Alameda. De 11:00h a 14:00h. haberá obradoiros de chapas, máscaras e animación musical. Xa pola tarde procederase co Concurso de Disfraces e Comparsas, no que ademis participará un responsable deste diario como xurado. Unha nova da cal nos alegramos, de xeito que poderemos participar activamente no entroido fisterrán e no ceense. O prazo de inscrición para o concurso é do 1 ó 11 de febreiro e poden realizalo no Departamento de Cultura do concello de Cee. Bases do Concurso de Comparsas do Concello de Cee De cara a regular a celebración do concurso de disfraces para adultos do Entroido 2010 que organiza a Concellería de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Cee, establécense as seguintes BASES: - a) O prazo de inscrición das comparsas participantes (15 ou máis membros) estará aberto desde ás 9.30 horas do luns 1 de febreiro ata ás 13.00 horas do xoves 11 de febreiro, agás os individuais e parellas que poderán facelo ata 15 minutos antes do comenzo do desfile, tratando neste último caso de facilitar unha maior participación cidadá. No momento da inscrición as comparsas deberán facer constar o nome e enderezo do seu representante, xunto co N.I.F. e un número de conta bancaria no que ingresar o posible premio.
- a.1) Idades dos participantes: no caso de individuais e parellas: a partir de 12 anos, mentras que as comparsas de adultos poderán incluír a nenos de tódalas idades. - b) A concentración de participantes, terá lugar o sábado 13 de febreiro de 2010 ás 17.00 horas, tendo como lugar de saída a avenida de D. Lino Rodríguez Madero (detrás do Concello).
- c) A orde do desfile rexerase segundo a de inscrición; se ben por razóns técnicas a organización pode introducir as modificacións que considere oportunas. Iniciarán o desfile os individuais, parellas, e a continuación as comparsas.
- d) Toda comparsa que non acate as ordes da organización será descualificada.
- e) O xurado será nomeado pola Concellería de Educación, Cultura e Xuventude e feito público o xoves 11 de febreiro xunto co listado de comparsas participantes.
- f) O xurado poderá declarar deserto algún premio.
- g) Criterios de avaliación:
- participación e animosidade no desfile (20% da puntuación), calidade e caracterización dos disfraces (40% da puntuación), emprego de complementos (carrozas, aparellos diversos..., 20% da puntuación), e finalmente a actuación no escenario que terá un 20% da puntuación total. - é importante suliñar que esta actuación no escenario contará cun tempo máximo de 10 minutos improrrogables. No momento da inscrición, cada comparsa, deberá entregar unha copia escrita do texto a escenificar. - h) Establécense os seguintes premios:
Comparsas: - 1º Premio : 800 € - 2º Premio: 640 € - 3º Premio: 540 € - 4º Premio : 295 € - 5º Premio: 275 € - 6º Premio: 250 € Parellas ou individuais: - Premio único: 60 € - i) Os tres primeiros premios das comparsas entregaranse mediante transferencia bancaria, xa que aqueles que exceden dos 300 € están suxeitos á retención correspondente do I.R.P.F.
- j) O importe máximo a outorgar, non poderá superar a cantidade de 2.860 €, con cargo á partida 330/481.00 para premios e subvencións, correspondente ao orzamento xeral do Concello.
Máis información Novas relacionadas
|