Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Un operador estatal interésase por Muxía como destino para gais e lesbianas  Correo-e
viernes, 29 de enero do 2010

Image

Completa foi a participación da Costa da Morte na Fitur. Turoperadores de todo o mundo puideron ollas as nosas marabillas, a través dos dous stands abertos. Unha das que máis trabaou foi a Asociación de Turismo Rural Muxía Natural, que presentou a varios turoperadores os paquetes turísticos pechados que ofertan conxuntamente os cinco establecementos que agrupa a entidade. Un dos productos está centrado no Camiño de Santiago, ofrecendo a posibilidade de disfrutar do último tramo da Ruta, así como dos aloxamentos rurais e a súa gastronomía. 

Precisamente este produto foi foco de interese para un turoperador español, que preguntou pola oferta do turismo rural de Muxía como destino para turismo de gais e lesbianas. A maiorista podería visitar en breve as casas, de cara a establecer unha colaboración comercial. 

Outros dos productos abarcan temas como o turismo ornitolóxico, tour fotográfico, ou turismo para maiores. Todos eles espertaron interese entre os maioristas de viaxes. Os que desexen máis información sobre os mesmos, poden facelo no correo Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver  

Ademáis, a delegación muxiana aproveitou a súa estancia na capital de España para establecer outros contactos comercias fóra da propia feira Fitur. Asistíu tamén á degustación de productos da Costa da Morte no restaurante Sanxenxo madrileño, na que un dos pratos foi elaborado con pescado de Muxía. Do mesmo xeito, Muxía Natural quere agradecer tamén o apoio e colaboración recibidos do alcalde da localidade, Félix Porto, durante a súa estancia en Fitur. 

Novas relacionadas

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com