|
A Fosa Atlántica nuclear de Mario Rodríguez bate todas as marcas de "meneos" |
Correo-e
|
|
viernes, 29 de enero do 2010 |
|

Record de visitas en QPC, e afortunadamente non foi por unha morte nin polo fútbol. Case 5.000 visitas ao longo do día, e máis de 3.500 no artigo do noso amigo e colaborador de QPC Mario Rodríguez Gómez, Falando de residuos núcleares…. De feito, puido ser a causa de que o QPC non se puidera ler con comodidade na mañá de onte. A chave do artigo é a reflexión, pouco coñecida, sobre a "Fosa Atlántica", un cemiterio con 140.000 toneladas de residuos nucleares que temos a unhas 300 millas de Fisterra. Non temos máis que felicitara Mario pola espectación xerada, xa que dende o portal www.menéame.net leva xa nada máis e nada menos que... 560 meneos!, toda unha cifra neste agregador de novas. Tanto pola rigurosa información amosada como pola calidade da redacción, felicitamos a Mario dende o equipo editorial de QPC polo seu bo traballo. Sen dúbida, as firmas QPC están pegando forte xa dende o seu comezo! Noraboa e parabéns para todos eles. Máis información Nova relacionada Máis novas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|