|

Continuamos esta sección que comezaba a semana pasada cunha imaxe cotiá de Corcubión. Este semana presentamos as preciosas fervenzas de Trasufre, Muxía. Ao seu paso por Trasufre, o río O Castro deixa unhas xeira de bruscas caídas de auga de gran beleza, formando pociñas onde un bañito en verán non ten prezo, ademais dunha masaxe de espalda máis que saudable. Como chegar Na estrada AC-552, partindo de Cee cara Carballo, ao pasar Bustelo, temos que coller un desvío cara a esquerda, que tras un par de quilómetros chega ata Trasufre. Pasada a praza do cruceiro, no desvió do medio da aldea, collemos á esquerda, tiramos, deixamos un aserradoiro á man esquerda e un pouco máis adiante hai unha pista asfaltada cara a esquerda, cun carteliño que pon "O Castro", co problema que o carteliño só se ve se ves dende Muxía, de xeito que hai que estar moi atento e mirando cara atrás para ver o cartel. Collemos pois ese desvío e baixamos todo ata chegar ao area de descanso cunha pequena ermida, onde podemso aparacar o vehículo e achegarnos a pé ata o lugar das fervenzas, perfectamente acondicionado para as visitas. Gustaríanos que participasedes enviando algunha fotografía dese recuncho da vosa zona, pola que pasades tódolos días, ou que lembrades polo seu encanto, así como calquera cousa de interese para a bisbarra. Estamos en
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
. Graciñas. Outros recunchos -
Fonte - Forografía de Jesús Váquez García.
|