|
Detidos en Ponteceso ao ser sorprendidos roubando chatarra nun punto limpo |
Correo-e
|
|
viernes, 29 de enero do 2010 |
|

Axentes da Garda Civil de Ponteceso sorprenderon antonte pola tarde a catro individuos de entre 18 e 38 anos, cando se achaban no interior do punto limpo da citada localidade, ao parecer, tratando de subtraer chatarra que introducían nun camión. Os agora imputados lograron introducirse no punto de xestión de residuos logo de forzar o valo que encerra o perímetro do mesmo. Os gardas non descartan a posibilidade de que sexan estas mesmas persoas as que subtraeron materiais similares noutras ocasións e no mesmo lugar. Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Garda de Carballo. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa da Garda Civil.
|