|
O BNG de Camariñas propón eliminar a simboloxía fascista do concello |
Correo-e
|
|
viernes, 29 de enero do 2010 |
|
Este sábado día 30 de xaneiro, o BNG de Camariñas vai presentar perante o rexistro do Concello unha proposta dirixida ao pleno do Concello para que se debata en sesión plenar a retirada da simboloxia franquista. Ademais o BNG solicita que se realice un estudo sobre os nomes das rúas que garden relación coa ditadura e a súa sustitución por outros nomes acorde aos valores democráticos e a realidade historica do noso pais. Este é o texto que vai presentar o BNG camariñán pola causa: Que na praza da Insuela de Camariñas existe unha placa de mármore na que se reproduce o seguinte: “Delegación nacional de sindicatos” con dous símbolos inscritos nos que se pode ver o xugo e as frechas como símbolo da falange e a espiga o martelo e a pluma simbolizando o sindicato vertical do Franquismo. O BNG de Camariñas considera que é unha placa das que se refire o artigo 15.1 da Lei 52/2007, do 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplian dereitos e establecense medidas a favor dos que padeceron persecución, violencia e asesinato durante a guerra civil e a ditadura do Franquismo. Ademáis disto o BNG de Camariñas propón que se realice un estudo sobre o nome de rúas do concello que garden relación coa ditadura e se proceda a sustituilos por outros nomes acorde aos valores democráticos e a realidade historica do noso pais. Polo anterior proporemos ao Pleno do Concello que debata e a corde a retirada da referida placa e o inventario nome das ruas do Concello que garden relación coa ditadura. Novas relacionadas Fonte - Nota de prensa do BNG de Camariñas da man de Manuel Camiño Mouzo.
|