|
Muxía intenta recuperar a memoria de López Abente cunha Fundación |
Correo-e
|
|
lunes, 01 de febrero do 2010 |
|
 Un grupo de pesos pesados do territorio muxián, veñen de propoñer no concello a posibilidade de crear a Fundación López Abente. Unha fundación que traballaría por recuperar o legado dun dos máis importantes poetas da historia da Costa da Morte, e de todos os poetas relacionados, dalgún xeito, coa vila da Barca. A creación e a oferta cultura serán, serán tamén fonte de interese da Fundación.A idea parte dos irmáns Rivadulla. Viki Rivadulla e Henrique Rivadulla Corcón levaban moito tempo coa historia na cabeza, e contando cos pesos pesados en materia cultural do concello, xa lle enviaron por escrito a proposta ao alcalde, Félix Porto. Un Porto que non dubidou en citalos para estudiar o asunto, que de seguro poderá contar co apoio do concello en todas as facetas. Primeira reunión Este pasado sábado 30 de xaneiro de 2010, participaron na reunión xo rexedor os irmáns Rivadulla, Miro Villar e Manuel Vilar, como vemos, dos grandes ilustrados do concello. Faltaron na sesión outros que de seguro formarán parte do equipo de traballo, como Xan Fernández Carrera ou Xesús Sambade. Máis información Novas relacionadas Fonte
|