Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Un pasiño adiante cos horarios de autobuses  Correo-e
lunes, 01 de febrero do 2010

Image

Semella que Autocares Vázquez tomou nota de todas as queixas dos veciños e dos medios de comunicación sobre a falta de información dos horarios dos autobuses. Esta semana puidemos obter un dos panfletos informativos que se reparten na estación de buses de Cee, que informan sobre os horarios da empresa Autocares Vázquez.

O grande problema segue ser a baixa cadencia dos servizos que obrigan á cidadanía a mercar un automóbil ao impedir poder vivir dependendo do escaso servizo. Pero ese non é o único problema...

Horarios completos

Un dos problemas que vimos denunciando é que pouco lle serve ao usuario uns horarios que só inclúen os de unha empresa. E non queremos batir coa empresa que entrega os seus horarios, todo o contrario. Porque debe ser a Xunta a que se mova e que obrigue as empresas a sacar uns horarios conxuntos nos que o usuario poida ver a que hora saen os buses a Santiago de ambas empresas.

E por iso precisamente, porque o usuario teña unha información completa do escaso servizo de transporte "público", (ou colectivo?), en QPC levamos 2 anos e medio traballando. E como novidade, en breve, o equipo de QPC vai sacar uns horarios integrados conxuntamente nos que se inclúen os horarios das 3 empresas adxudicatarias, Vázquez, Monbús e Aucasa. Xa os traeremos por aquí...

Instalación eléctrica

Image 

Xa avisara a Xunta da misericordiosa axuda que outorgaba para a reparación da instalación eléctrica da única estación de bus de toda a Costa da Morte. E este pasado venres, os operarios dunha empresa da zona levaban a cabo a reparación das bombillas que estaban fundidas. Do que non se sabe nada é da porta automática, que segue rota dende hai máis dun ano tras un intento de roubo no bar da estación.

Outras necesidades

Os que seguen sen ser de todo útiles son os carteis informativos. A cabina telefónica non aparece por ningures e sería moi útil para cando os autobuses non pasan (como esa liña de Cee-Muxía-Camariñas de Monbús que as fines de semana directamente non pasa) os usuarios poidan chamar a un taxi.

E un detalle, como é posible que o posto de información turística estea agochado da Praza do concello, e non estea na estación de bus?

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com