|
O Antroido dase en Ponteceso |
Correo-e
|
|
lunes, 01 de febrero do 2010 |
|

O Concello de Ponteceso prepara o Antroido 2010 e convída a todos os que o desexen, a participar disfrazándose o vindeiro 14 de febreiro. Dende as 16:00h ás nove da noite na Praza do Relleno en Ponteceso, poderase disfrutar de: obradoiros de maquillaxe, actuacións e desfiles no palco, degustación de orellas e roscos, xogos populares, etc. E por se o tempo falla, haberá unha gran carpa. As persoas que queiran participar de forma oficial, poden inscribirse na O.M.I.X ou no Concello ata o 11 de febreiro. Haberá axudas e regalos para os que participen. Outros entroidos da Costa Fonte
|