Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Asoar analiza a grave situación do polbo  Correo-e
martes, 02 de febrero do 2010

Xa amosara hai unhas semanas a Asoar-Armega as súas dúbidas sobre o Plan de explotación do polbo. Esta semana, para corroboralo e facerlle entender a problemática a Xunta, a entidade elaborou este informe sobre a situación da pesqueira do polbo en Galicia. Informe no que se fai fincapé no desnceso do prezo, que provoca grandes perdas económicas no sector da pesca de baixura galego.

A Asoar, ademais de enviarlle o informe á Xunta, solicitou unha reunión urxente con todas as entidades do sector co fin de analizar e valorar a situación e crear un consenso unánime entre a Consellería e o sector. Unha reunión máis qu enecesaria, porque trala avaliación da situación, a Asoar asegura que é posible un "agravamento da situación do sector pesqueiro-marisqueiro nun futuro inmediato que precisa medidas concretas e urxentes para aminorar e superar a actual crise".

Por se fora poucas as aportacións da Asoar, tamén nos trae unha dura crítica á obriga de cumprir un horario fixo, combinado cos topes horarios, son medidas que o único que provoca é aumentar a inseguridade na mar, segundo a asociación.

Informe sobre o estado da pesquería do polbo en Galicia

Tendencia negativa

Desde fai anos e agravada polo descontrol de capturas tras o Prestige no ano 2004 (datas nas que deliberadamente se tentou presentar unha normalidade nas capturas inexistente), a pesquería de polbo nas rías e litoral galegos está en franca regresión e, a pesares, das sucesivas vedas non se dan acadado os niveis de 1997 e 1998 (figura seguinte e datos de pescadegalicia referidos aos portos e lonxas de baixura en Galicia). Resulta evidente a vista desta evolución produtiva que a pesquería de polbo (máis aló de repuntes eventuais ou opinións optimistas nun porto determinado durante uns poucos días) non só non está recuperada senón que está nunha tendencia negativa de regresión.

Image

Mala época

Os datos aseguran que a partir dos inicios da campaña pesqueira-marisqueira 2009-2010 (desde xullo de 2009) obsérvase un cambio de tendencia moi forte respecto das anteriores campañas produtivas e, derivado deste cambio de tendencia, a difícil situación que se estaba a orixinar no sector do marisqueo e pesca artesanal de Galicia. Así, os fortes e xeneralizados descensos dos prezos da primeira venda orixinados pola crise económica sumouse unha situación de redución de capturas e escasa dispoñibilidade de stocks produtivos, que de forma conxunta motivaron unhas fortes perdas para o sector produtivo no último semestre de 2009.

Evolución anual

Image

Facturación

As perdas son constantes dende o ano 2007, acentuándose máis si cabe dende xullo do 2009 ata decembro do mesmo ano. As perdas do polbo no segundo semestre no 2009 con respecto ó mesmo período de 2008 estímanse nun 20.52%.

Image

Problemas a analizar

  • 1º.- Non recuperación produtiva e tendencia á baixa produtividade. Co engadido que as vedas realizadas ata o momento por si mesmas á falla de outras medidas non teñen permitido recuperar plenamente a produción da pesquería.
  • 2º.- Forte diminución dos prezos polos efectos da crise, a presión do sector comercializador que tenta incrementar marxes comerciais e a falla de mecanismos por parte do sector que permitan manter os prezos reais. Nunha situación de recuperación produtiva este problema pode agudizarse e botar pola borda os efectos desta maior extracción por unha baixada aínda maior dos prezos e sen efectos reais na facturación real final.
  • 3º.- Unha situación de grave dificultade económica da flota artesanal da baixura galega..

Conclusións

A Asoar asegura que é necesario un Plan de traballo que abordara de forma realista a superación destes problemas. Sen embargo, isto non é así, e de aí a desazón e cúmulo de críticas que se están a dar no sector referente a ese acordo entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías. En este aspecto conviría destacar:

  • Non hai estudios, nin diagnósticos, nin acordos;
  • A falla das consultas ao sector é grave.

Ante isto, a Asoar apunta que o acordo debe plantexar medidas: topes diarios, horario de traballo, etc, que van a afondar a crise económica e a inseguridade no sector.

Horario de traballo

Entre as medidas que aporta a Consellería, atopamos varias que son ineficaces, como a fixación dun horario de traballo: O horario de traballo que recolle o plan non é flexible como en anos anteriores, xa que ha de ser de 6:00 a 16:00 horas, horario que resulta difícil cumprir, tendo en conta que o traballo do mar non se pode equiparar a calquera outro tipo de industria en terra, polo que os profesionais do mar non poden determinar a que hora poden desenvolver e rematar a súa actividade profesional, xa que son moitos os factores que determinan o horario e o tempo que pode durar unha xornada de traballo, así un día unha embarcación pode realizar a faena en 6 horas e estar en porto ás 12 da mañá, e ao día seguinte por calquera circunstancia (mal tempo, malas manobras, aparello envolto, ...) necesita de 12 horas, chegando a porto ás 6 da tarde.

Así a maioría dos días o horario de traballo varía en función das condicións meteorolóxicas ou do posible acceso aos caladoiros. Ademais, considérase que a diminución de horas de traballo e a estipulación de un horario tan estrito, en condicións climatolóxicas adversas, condiciona a seguridade da xente do mar e a vida dos nosos mariñeiros, acentuando aínda máis os riscos dos profesionais deste sector, posto que o apresuramento por rematar de faenar cumprindo cun horario marcado, engadido ás malas condicións meteorolóxicas no mar pode crear situacións de risco innecesarias para os nosos mariñeiros coa posibilidade de materializar accidentes e incidentes de traballo.

Axudas

Asemade, deixase sen concretar o período próximo de veda e as necesarias medidas de acompañamento (tal como se mencionou anteriormente) e o retraso na concreción da mesma pode inviabilizar a consecución de que o sector poda cobrar esta parada biolóxica, co que estaríamos empeorando a súa situación económica. Por elo sería preciso concretar que contías económicas ten previstas a Consellería para realizar esta parada.

  • * O informe foi baseado nos datos oficiais da información estatística de capturas da páxina web da Consellería de Pesca: pescadegalicia.com, actualizados a 21 de xaneiro de 2010.

Novas relacionadas

  • 12 toneladas menos e un novo exemplo de sustentabilidade no mar.
  • Estudios da ASOAR

    Xornadas de salvamento

    Máis novas

    Fonte

     
     

    Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

    Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


    Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



    Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com