|

Un ano máis a A.C.D.R Pedramar do Pindo, organiza unha serie de actividades para o Entroido. Despois do éxito acadado o ano pasado, onde cerca de 300 persoas asistiron á festa deste Entroido, a directiva decidiu ser continuista en canto a actos e programación. Este ano escolleron como tema a Hollywood, sendo como titulo “PINDJOLLYWOOD”. Neste sentido todos os disfraces faran referencia as películas máis famosas da meca do cine. Programa Os actos comenzaran o sábado dia 13 pola tarde cun rápido desfile da carroza pola rúa, para que a continuación na plaza do Pindo o desfile o fagan as estrelas de Hollywood cunha pequena interpretación das películas e coas respectivas bandas sonoras. A continuación deleitaran os asistentes cos manxares típicos desta época “orellas e filloas”, rematando a xornada co sorteo dun xamón pata negra. O domingo a partir das 17:00h da tarde concurso de disfraces para nenos (sin previa inscripción) onde os tres mellores disfraces serán premiados e agasallos para todos os participantes. De seguido un acto de moito interese: ”por fin se vai inaugurar o paseo marítimo do Pindo” as personalidades encargadas de facelo son da máxima relevancia e de primerísimo nivel : Obama, Zapatero, Rajoy e Rouco Varela; haber si se poñen dacordo e son capaces de inaugurar o paseo. A xornáda rematarana coa tradicional queima do boneco “o demarras” despedindo o entroido ata o vindeiro ano. Novas relacionadas Outros entroidos da Costa Fonte - Nota de prensa da A.C.D.R Pedramar do Pindo.
|