|
Camariñas tamén toma nota das as axudas do Leader |
Correo-e
|
|
lunes, 01 de febrero do 2010 |
|

Hoxe martes 2 de febreiro, ás 20:30h da tarde, no salón de actos da Casa de Pedra de Camariñas terá lugar unha xuntanza informativa sobre as subvencións a fondo perdido de ata o 75% do Programa Leader para empresas, emprendedores e asociacións. A condición para poder solicitalas é que o proxecto sexa novedoso e que o investimento non estea iniciado. Estas axudas pódense solicitar ata o 9 de setembro de 2013, aínda que se irán concedendo antes de esa data. O encargado de informar sobre as subvencións e de aclarar as dúbidas sobre o tipo de proxectos que se poden solicitar e a tramitación será José Antonio Vila, xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural da Costa da Morte con sede no Edificio de Usos Múltiples A Torre de Vimianzo, onde téñense que presentar as solicitudes e compulsar a documentación necesaria. Máis información Novas relacionadas Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
):
|