|

Un poñente de primeira entidade para homenaxear, como cada ano, a un dos Fillos Predilectos de Corcubión. Henrique Monteagudo (á esquerda xunto a Franciso Lema e Norberto Pais) foi o protagonista da XI Conferencia anual Plácido Castro, que artella a Fundación Plácido Castro en colaboración co Concello de Corcubión. E Monteagudo fixo de membro do Consello da Cultura Galega, e falou en clave actual, sobre algo que estes días está en boca de todos: o borrador do Decreto do Plurilingüismo no Ensino. De feito, o Consello pronúnciase hoxe en contra do mesmo, pero o propio Monteagudo deixaba caer que non cre que os informes negativos que recibiu a Xunta sobre o borrador (da RAG entre outros) vaia frear a idea do goberno actual. De feito, a Xunta xa fixo público que que non está dacordo coa idea de "inmersión de liguas", que propón o Consello. Con todo, asegura que estudiará o informe. Non foron moitos os asistentes á Casa da Cultura corcubionesa. Moitos achegados da familia Castro, pero poucos profesores dos arredores, e iso que dada a relevancia do poñente daba pé á visita. "XI Conferencia Anual Plácido Castro" Como nos conta Alejandro Lamas, foi unha conferencia "moi técnica, interesante e erudita, pero sobre todo moi documentada". Monteagudo trouxo sentencias do Tribunal Supremo e do Costitucional, do primeiro acordo sobre a lingua, e baseou toda a súa intervención en cifras reais. A filla de Plácido Castro del Río fixo a presentación en nome da Fundación, pero cando tiña que ler o extenso currículo de Monteagudo, doulle paso a Norberto Pais, dado que ela olvidara as gafas. Sen máis Monteagudo procedeu a ler a conferencia, xa que vai ser publicada pola Federación. Ao remate celebrouse un debate moi vivo e animado "Buscan unha confrontación onde non a hai" Non escatimou Monteagudo en falar dos problemas a nivel político. Asegurou que o Decreto está, e vaise levar a cabo (do que se mostrou máis que convencido), por un asunto de "compromiso interno" do PP. Segundo o poñente foi "a división no PP foi o que provocou todo isto". Nese sentido é onde non cre que o Goberno faga caso dos informes negativos e saque a diante o decreto. O que non entende Monteagudo é que varios sectores do PPdG "busquen unha confrontación onde non a hai". Pero pola outra banda, afirmou que tampouco está nada ben que algún partido se faga dono da lingua, en clara alusión ao BNG.
Inmersión da lingua Monteagudo trouxo exemplos de como unha lingua minoritaria é positivo ata para aprender unha terceira lingua. A idea base é a "necesidade da inmersión da lingua na ensinanza, o único xeito de desenvolver as dúas linguas sen conflito". Sobre impartir un tercio das clases en inglés, Monteagudo ten claro e cre na "a imposibilidade de impartir inglés" ao mesmo nivel que galego e castelán. Falta de todo, medios, coñecimentos... "un proxecto irrealizable", afirmou. Ademais, "o inglés nunca poderá ser unha lingua vehicular", e menos neste país. Máis información Novas relacionadas Fonte
|