Xoves, 18 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O BNG pide en Madrid o abaratamento das parcelas do polígono de Cee  Correo-e
martes, 02 de febrero do 2010

Image

Unha vez que semella imposible de recuperar o Parque Empresarial de Vimianzo, o BNG leva o de Cee ao Congreso dos Deputados de Madrid para pedir o abaratamento das parcelas. Fundamental que o prezo estea acorde coa bisbarra e que non sexa un dos solos máis caros do estado, como ocorre co vimiancés ou en Malpica.

Foi o portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, o que presentou unha iniciativa na que lle esixe ao Goberno que “o prezo das parcelas do parque empresarial de Cee sexa razoábel e asequible para os empresarios da zona”. Francisco Jorquera subliña que “é necesario un prezo que incentive o desenvolvemento económico da Costa da Morte”.

Titularidade púbica

Jorquera lembra que o polígono empresarial está promovido pola sociedade Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), constituída a raíz da catástrofe do Prestige, e na que o Goberno central é o accionista maioritario (o 85% pertence á SEPI), mentres que a Xunta de Galiza participa cun 15%.

O deputado do BNG lembra que o 23 de febreiro de 2004 a SEA presentou publicamente os novos parques empresariais que prevía construír en Galiza. Entre eles figuraba o de Cee, que con 190.000 metros cadrados, estaba previsto que se finalizase “no ano 2005, ou ben en 2006”. “A realidade –subliña- é que o parque empresarial de Cee non foi aprobado polo Consello da Xunta de Galiza até o 22 de novembro de 2007, cando entrou na Xunta o Goberno Bipartito”.

“A redución na oferta da construtora debería repercutir no prezo das parcelas”

Finalmente as obras comezaron en decembro de 2008 e concluíron a comezos do presente ano, estando pendente xa só de ser inaugurado. A empresa adxudicataria das obras reduciu a súa oferta no presuposto previsto de 5,7 millóns a algo máis de 3,8 millóns de euros, o que, segundo o deputado do BNG “debería repercutir tamén no prezo das parcelas”. A superficie finalmente urbanizada ascendeu a 228.000 metros cadrados.

Novas relacionadas

Fonte

Image
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com