Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A "Galicia Trophy" celebrouse en Cabana  Correo-e
martes, 02 de febrero do 2010

Image

Foi a empresa Meigalicia Turismo Alternativo a que trouxo ata Cabana de Bergantiños a medio centenar de amantes do 4x4 de todo o estado, chegados dende Cataluña, Euskadi, Castilla e León, Madrid e Galicia, por suposto. Foi o Campus Series 2010 AUTT, o "Congreso" do mundo do todoterreo, que este ano podería apodarse "Galicia Trophy na Costa da Morte", pero no canto de Camel debería ser "Meigalicia Galicia Trophy"...

O punto de encontro era a Casa do Xastre de Anós, con carpas acondicionadas para acoller todas as actividades. A aventura e a natureza mestúranse por igual para estes amantes da natureza e dos 4x4. Sesións de todo tipo, dende charlas, a clases teóricas, de nudos... e moita sesión práctica cos vehículos. Entre os profes, había algún de entidade como Rosendo Touriñan, que conta con 16 participaciones no Dakar ás súas costas. Tamén houbo, ademais dunha charla do Seprona, clases de supervivencia e pionerismo, lexislación, medioambiente, orientación, mecánica, condución e asistencia sanitaria.

Todo para seguir aprendendo do mundo do 4x4, pero sempre respetando o entorno. De aí a filosofía da Asociación, "Se vas ao monte, que non se note" e na que todos os participantes mostran a súa colaboración, compañeirismo, interese e respecto pola natureza.

 Image

Xa na condución, a cousa tivo un denominador común, o barro. A doma do motor foi unha das clases máis auténticas e os alumnos aprenderon a pisar o embrague nas situacións máis resbaladizas.

Image 

Image 

Desestacionalizando o turismo da Costa

Os asistentes quedaron encantados e xa están desexando voltar á Costa da Morte. Os agradecimentos á anfitriona Estefanía Fernández Delgado, de Meigalicia Turismo Alternativo como empresa organizadora, foron numerosos. Unha Estefanía que non dubida en achegar visitantes á Costa da Morte. A propia Estefanía asefura que "este foi un evento importante non só para os usuarios do todoterreo, senón que é moi positivo para para o turismo na zona".

Un exemplo pode ser que o evento xa foi xa publicado en diferentes revistas, radios e prensa dixital do sector e este é un tipo de turismo que interesa atraer a Galicia, un turismo familiar, un cliente de nivel cultural e económico medio-alto que goza da natureza e do turismo rural e sobre todo, que é desestacionalizador turístico e fiel, xa que repite destino entre unha e dúas veces ao ano.

Image 

Novas relacionadas

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com