|
O BNG carnotán denuncia falta de investimento no Pindo e Lariño |
Correo-e
|
|
martes, 02 de febrero do 2010 |
|

O BNG de Carnota vén de denunciar publicamente o que entende por unha "situación de agresión continuada aos veciños do Pindo, na cuestión do saneamento da dita localidade". A última, segundo o BNG, materializouse o pasado 28 de xaneiro onde se aprobou o novo Plan E. O BNG non entende como "o Concello xa leva recoñecidos 1,5 millóns de euros deste Plan dos que non investiu nin un só euro no Pindo". Igualmente está a pasar no caso de Lariño, pero para este lugar o concello incluíu unha pequena obra de saneamento. Con todo cabe lembrar que esta é a única parroquia do Concello que non ten a rede primaria de saneamento, polo que o BNG sinala que "se deberia facer un investimento 10 veces superior". "O BNG pide solucións e ofrece alternativas" O BNG prantexou a "elaboración dun Plano Director de Infraestructuras de Carnota, no cal se delimiten as obras a realizar e as prioridades, de xeito consensuado con todos os grupos políticos". Igualmenta piden "a realización dun Plan de Emprego para Carnota a realizar entre todos". Novas relacionadas Fonte
|