|
Muxía celebra un Antroido a base de Pinchos |
Correo-e
|
|
martes, 02 de febrero do 2010 |
|
O Concelo de Muxía tamén prepara o seu entroido. Un entroido completo ademais, que comeza o sábado 13 de febreiro e non remata ata o domingo 22. Ruta dos pinchos Unha das apostas máis singulares é a Ruta dos Pinchos, que nos lembra á do Nadal, a cal foi moi exitosa e que gañara o Bar o Xardín cunha crepe rechea espectacular. A ruta poderase realizar o sábado 13, domingo14, sábado 21 e domingo 22 de febreiro e chaga ata a parroquias. - A Ruta Consistirá na degustación (non concurso) de pinchos que terán como base produtos típicos de Antroido
- O horario dos pinchos nos bares participantes será: mañás de 13:00 a 15:30 horas e tardes de 20 a 22:30 horas.
- O Concello fará unha rifa dun lote de produtos gastronómicos (lacón, grelos, cachola, chourizos,….) de antroido no que poderán participar aquelas persoas que percorran, ao menos, 10 dos bares participantes (as rifas deberán ir debidamente seladas polos establecementos). Podes facer a ruta dos pinchos cantas veces queiras ao longo das dúas fins de semana e cada vez que a fagas podes participar obter unha nova rifa.
- Establecementos participantes na ruta dos pinchos de antroido: Vinoteca Lorena, O Porto, El Riojano, O Coral, O Xardín, Miramar, Don Quijote, O Prestige, O Wimpe, O Picoteo, Casa Carmela (Merexo), O Pinar (Os Muíños), O Saburil (Nemiña), A Coxa (Senande).
Programa Sábado 13 de febreiro - Ruta dos Pinchos de Antroido: con degustación de pinchos nos bares participantes.
- Obradoiro de máscaras para nenos na Aula do Edificio de Servizos Múltiples da Camposa, de 16:00 a 18:00 horas.
- Pasarrúas a cargo do Grupo "Xaramiños do Corpiño", a partir das 19:00 da tarde.
Domingo 14 de febreiro - Ruta dos Pinchos de Antroido: con degustación de pinchos nos bares participantes.
- Ás 17:30h, Concentración no Cabo da Vila de Comparsas e disfraces e desfile pola vila.
- A partir das 18:00h Festa no polideportivo e concurso de Disfraces (infantil e adustos) e de Comparas (ver bases abaixo).
Luns 15 de febreiro - Obradoiro de elaboración de doces de entroido (rosquillas de anís, orellas...) para nenos e nenas de 9 a 12 anos (inscribirse no Concello antes do venres 12 de febreiro). Desenvolverase no Baixo do Edificio de Servizos Múltiples da Camposa de 16:00 a 18:00 horas.
Martes 16 de febreiro - Festa do Antroido no Polideportivo, con inchables, obradoiros de maquillaxe e degustación de filloas e orellas.
Mércores 17 de febreiro - Tarde de cine infantil no Salón do Voluntariado ( Edificio de Servizos Múltiples) ás 18:00 horas.
Sábado 20 de febreiro - Ruta dos Pinchos de Antroido: con degustación de pinchos nos bares participantes.
- Enterro da Sardiña: (saída do Edificio de Servizos Múltiples ás 19:00 horas. Os interesados en participar han de vir vestidos para a ocasión.
Domingo 21 de febreiro - Ruta dos Pinchos de Antroido: con degustación de pinchos nos bares participantes.
Bases do Concurso de Disfraces Criterios de valoración: - Participación e animosidade no desfile (20% da puntuación total)
- Calidade e caracterización dos disfraces (50% do total)
- Emprego de complementos tales coma carrozas ou enseres diversos (20% do total)
- Actuación no escenario (10% do total)
Membros do xurado - Alcalde ou concelleiro/a en quen delegue.
- Concelleira de Cultura.
- Un traballador/a do Concello.
- Dous representantes de Asociacións do Concello.
Premios: - Infantil: 1º premio, 2º premio E 3º premio consistentes nun agasallo.
- Adultos:
- 1º premio………150 € - 2º premio………100 € - 3º premio………..50 € - Comparsas: 1º premio……..300 €.
Outros entroidos da Costa Novas relacionadas Fonte
|