|

Segue o único dinamizador da bisbarra espallando saberes básicos de informática entre a poboación camariñá. Óscar Clapés, dinamizador da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, vén de artellar, en colaboración co concello de Camariñas, máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de febreiro. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes: - “Blog, participa en internet”: O usuario/a será capaz, ao finalizar este obradoiro, de crear e manter o seu propio blog. Desenvolverase de luns a xoves de 18:30 a 20:30, do 8 ao 18 de febreiro.
- “Mecanografía”: O usuario/a, ao finalizar este obradoiro, será capaz de escribir con todos os dedos e sen mirar o teclado do ordenador. Realizarase do 17 ao 25 de febreiro de luns a xoves de 17:00 a 18:30.
- "Creación dunha conta correo electrónico”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de crear e xestionar a súa propia conta de correo electrónico. Desenvolverase de luns a xoves, do 22 de febreiro ao 2 de marzo, de 18:30 a 20:00 horas.
O prazo de inscrición ás actividades remata o día anterior ao comezo das mesmas. Máis información Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Camariñas, sito no 1º andar do Centro de Iniciativas (ao carón do centro de saúde), na rúa do Río do Prado, s/n, chamar ao teléfono 981.736.506 ou mandar un correo electrónico ao enderezo
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
 Directorio de empresas na web Noutro eido de cousas, o concello quere recoller as empresas na we municipal. Así, a Axencia de Desenvolvemento Local (ADL) do Concello de Camariñas, está levando a cabo un programa de recollida de información sobre empresas do concello co fin de detectar as necesidades destas para poder mellorar o servizo de asesoramento e apoio ás mesmas e realizar a promoción das mesmas ao través da web municipal www.camarinas.net. Novas relacionadas Máis novas Fonte - Nota de prensa da man de Óscar Clapés, Dinamizador da Sociedade da Información.
|