Venres, 30 de xulio do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

 


Seguenos no Facebook:




 Para coñecer un pouco mellor o traballo de Marcos Rodríguez


 


Horarios autobuses Costa da Morte




Patrocinado por:

Hotel  Insua patrocina estos Horarios











Salvacadelos

Os vídeos de Que pasa na Costa


RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Todos a unha na derradeira xornada  Correo-e
martes, 02 de febrero do 2010

Intensa será a última xornada da Liga Xuvenil sur. Os resultados desta xornada deixan a 4 equipos con posibilidades de facerse co campionato. 4 equipos que ademais se enfrontan entre eles xogando o Corcubión en Santa Comba e o Cee en Muros.

Foi a derrota do Santa Comba ante o Outes a máis sorprendente da semana. O equipo de Santi Casal tiña todo de cara, con 2 puntos de vantaxe a falta de dúas xornadas, pero a presión fixo mella nos xogadores e caeron por 3-6 ante o Outes. Os xalleiros precisan gañar e que o Cee non gañe en Muros. Na mesma coxuntura atópase o Corcubión de Nando trala súa vitoria ante o Fisterra, de xeito que precisa gañar e que o Cee non o faga.

O que mellor aproveitou o erro do Santa Comba o Cee, cunha vitoria sufrida ante a Esteirana. Os rapaces de José Carlos e Fermín son os líderes pero só lles serve a vitoria, ou un empate e que xalleiros e corcubioneses tamén empaten. Que non o aproveitou foi o Muros, que sufríu un gol postreiro do Monte Louro que lle quitou boa parte das posibilidades. Os de Bibi deben gañar e esperar un empate entre Santa Comba e Corcubión.

Pola contra, no norte a liga está practicamente decidida, xa que o empate do Zas esta xornada deixa ao Bergantiños con 3 puntos de vantaxe, co golaverage individual igualado, pero cunha diferencia de goles de +47 para o Bergan por +34 do Zas. Tería que perder o Bergan por 7 goles e que o Zas gañase por outros tantos para que a liga non recaese nos carballeses.

Xuvenís Grupo 4 

Zas - Coristanco (2-2)

Image
  • ZAS:
  • CORISTANCO: Rubén, Javier, Fabian, Alberto, Tonecho, Reborido (Martínez, min.75), Gonzalo, Alejandro (Alvaro, min.60), Benitez (Gonzalez, min.89), Sergio e Pazos.
  • Goles: 1-0, min.5: Pastor; 1-1, min.12: ; 2-1, min.20: ; 2-2, min.25: Pazos

O Coristanco puxo en bandexa a liga ao Bergantiños B logo de arrancar un empate moi traballado na tarde do sábado no campo de San Andrés. O encontro estivo moi igualado na primeira metade cuns 25 minutos iniciais frenéticos onde se marcaron os catro goles do partido.

Na segunda metade os locais presionaron moito máis e, sobre todo a balón parado, tiveron opcións de adiantarse no marcador. A medida que pasaban os minutos a ansiedade íase apoderando dos zaenses que vía que pasaban os minutos e sabedores do resultado do Bergantiños en Camariñas as opcións do campionato se lle escapan. Terán que esperar agora por un milagre na última xornada, confiar en que o Soneira lles gañe aos carballeses e eles golear ao veciño Baio.

Image

    Porteño - Malpica (3-0)

    • PORTEÑO: Manuel; Brais, John, David, Juan José, (José Antonio 59'), Alberto, Cristian, Aitor, (Fabián, min.72), Estefan (Sergio, min.83), David Pérez e Manuel Parga (Mariño, min.78). 
    • MALPICA: Víctor; Diego, Roque, (Miguel-cadete, min.72) Javier, Pepis, Iván, M. Dourado, Rubén, Brian, Paxel e Eloy (Víctor-cadete, min.61) 
    • Goles: 1-0, min.46: Estefan, ao recoller un rexeite do poste; 2-0, min.12: Estefan, de volea ao borde da área; 3-0, min.85: David Pérez, cruzando ante a saída de Víctor.

    Mal final de campaña do Malpica que sumou a quinta derrota consecutiva e esta a ter que rematar xogando con moitos cadetes. O equipo local, aos doce minutos xa solucionou a papeleta con dous goles. Mentres o equipo malpicán totalmente desmotivado, nunca dou sensación de perigo para alzarse coa vitoria. 
    
Nos noventa minutos, o conxunto malpicán, só tivo un remate de cabeza Diego ao longueiro, (min.5), e outra do cadete Víctor, o que lle chegou un balón rebotado da defensa local e só ante o porteiro o que fixo foi entregarlla en vez de facer o mais fácil, que era marcar gol. 

    Camariñas - Bergantiños B (2-6) 

    • CAMARIÑAS:
    • BERGANTIÑOS B: Bugy (Rubén, min.82), Canteiro, David, Rodrigo, Martin, Nando (Pablo Fuentes, min.58), Roberto Molk, Norberto (Diego Pose, min.46), Trigo (Dani, min.46), Fuentefria e Adra (Omar, min.82) 
    • Goles: 0-1, min.12: Roberto Molk, tras unha asistencia de Canteiro; 0-2, min.22: Adra remata de cabeza unha falta botada por Trigo; 0-3, min.32: Fuentefría aproveita un rexeite do porteiro local; 0-4, min.39: Adra acaba unha boa xogada de equipo; 1-4, min.47: José Carlos define no man a man con Bugy; 2-4, min.63: José Carlos marca tras un pelotazo de Pablo; 2-5, min.78: Dani marca a placer tras unha asistencia de Adra; 2-6, min.88: Roberto Molk define cunha gran volea unha boa asistencia de Fuentefría.

    Gran partido do filial bergantiñán que lle serviu para facerse virtualmente campión a falta dunha xornada tralo o empate do Zas. No enfrontamento directo co zas teñen o golaverage particular igualado, pero no xeral os de Carballo teñen +13 ao seu favor, tería que darse unha hecatombe na última xornada para que cambiara a situación.

    O equipo carballés saíu moi metido no choque sabedor de que non podían fallar, pois para a semana terían un difícil choque co Soneira e non se podían permitir deixar puntos en Camariñas. Así, cunha primeira metade moi boa marcaron 4 goles e sentenciaron o choque. Tralo descanso a relaxación dos visitantes permitiu que os camariñáns se acercaran no marcador, pero en ningún momento correu perigo a vitoria do filial. 

    Soneira - Muxía (2-1)

    Image

    • SONEIRA: Martín, Marco (Dieguiño, min.65), César (Diego de Baiñas, min.30), Pichón, Vicentiño, Toja, Roi, Dani (Esteban de Baiñas, min.60), Cristian (Germán, min.70), Pichi e Fer.
    • MUXÍA: Cristian ( Jose Antonio, min.46), Martín, Kevín, Currás, David, Papi, Pereira, Jose Manuel, Carliños, Javi (Fran, min.46) e Julián.
    • Goles: 0-1, min.25: Papi, de cabeza; 1-1, min.30: Roi de cabeza; 2-1, min.75: Pichi, de vaselina.

    Partido igualado na primeira metade. Na segunda a tonica foi similar ata que o Muxis se quedou con 10 por lesion dun xogador e non ter mais cambios no banquillo. A partir de ai o Soneira marcou o gol da vitoria e puido facer algun mais.

    Image

    Corme - Baio (0-2)

    • CORME: Javi, Mauro, Yoshua, Chino, Jorge, Felipe, Dani Cousillas, Xabier, Sergio, Dani Álvarez, Juanma. Tamén: Eloi, Brais, Antonio, David, Fran.
    • BAIO: Poyo, Roi (Pablo, min.55), Maikel, Nacho (Edgar, min.85), Kevin, Iván, Fernando, Umberto, Canai, Valentín (Jorge, min.80), Shuster (Paduán, min.60).
    • Goles: 0-1, min.25: Canai; 0-2, min.30: Valentín.

    A primeira parte transcorreu moi igualada. O Baio mantiña un pouco máis o control de balón, pero os cativos do Corme traballaban arreo e puñan en serios apuros a circulación e as chegadas. Dúas foron as ocasións que aproveitaron en 5 minutos de desconcerto local e Canai e Valentín abriroon unha fenda imposible de superar para un Corme de novo plagado de cadetes e ata infantís.

    Xa na segunda, os xogadores do Corme acusaron o cansanzo e permitían que o Baio movese con máis comodidade o balón. Puido chegar algún tanto máis por parte baiesa pero finalmente quedou así o marcador xa que Javi fixo de novo un partidazo na meta local.

Xuvenís Grupo 3

Mazaricos - Dumbría (2-10)

  • MAZARICOS: Presi, Mario, Sergio, Juan, Kevin, Toni, Daniel, Lucas, Yago, Molinos e Damián.
  • DUMBRÍA: David, Joaquín (Rufo, min.78), Insua (Gabi, min.70), Samuel, Andy, Diego León, Yeray (Conexo, min.66), Tono, Rodri, Jesús e Tano
  • Goles: 0-1, min.1: Yeray; 1-1, min.16: Daniel; 1-2, min.36: Rodri; 1-3, min.43: Rodri; 1-4, min.47: Rodri; 1-5, min.56: Diego León; 1-6, min.62: Rodri; 1-7, min.70: Jesús; 1-8, min.77: Jesús; 1-9, min.80: Jesús; 1-10, min.88: Samuel; 2-10, min.90: Molinos.

Partido sen historia, pois Yeray marcou na primeira xogada. E aínda que os amarelos empataron e apretaron aos seus rivais, atopáronse con David que tivo unha gran actuación. Tras media hora bastante mala dos dumbrieses, os brancos espertaron e pasaron o rodillo na segunda metade. Cun gran Rodrigo que marcou catro tantos, e Jesús, que nun partido gris para el, rematou con tres goles e catro asistencias, a pesares de mostrarse pouco participativo.

Xa é a sexta vitoria consecutiva para o Dumbría, que de pouco valeu, pois os resultados non lle acompañaron de todo. 

Cee - Esteirana (3-2)

  • CEE: Sergio, José Ramón, Moncho, Mario, Lucas, Gabri (Chiru, min.60), Andy (Xabi, min.86), Paulino, Rafa (Diego Castro, min.80), Rubén (Fernandito, min.55) e Diego Cespón. 
  • ESTEIRANA: Veni, Dani Barreiro (Javi, min.65), Adonai, Juan, Roi, Txus, Adrián (Iago, min.75), Bruno (Agustín, min.65), Adrián II, Guerra e Jonathan (Ángel, min.80) 
  • Goles: 1-0, min.15: Andy; 2-0, min.30: José Ramón; 2-1, min.45: Adrián; 2-2, min.63: Adrián, de penalti; 3-2, min.74: José Ramón.
  • Uns 200 espectadores acodiron ao Conco para ver como o Cee toma o liderado a falta dunha xornada para o final do campionato. Deberá defender en Miraflores, ante un Muros tamén con opcións, o logrado onte non sen sufrimento ante unha Esteirana reforzada con ex futbolistas do Noia. Así, o equipo de José Carlos e Fermín tiveron que loitar ata o final do partido para conseguir os tres puntos e esperou a que se produxeran outros resultados que finalmente beneficiaron ó conxunto branquiazul.

    No partido, cómpre destacar esta vez a Jose Ramón, que destapou a súa faceta goleadora rematando dous balóns francos ó fondo das mallas e deixando mostras da súa calidade. Tamén volveu a brillar Andrés reencontrándose co gol, cousa que lle facía moita falta para coller confianza. Sen dúbida estos xogadores e máis todos os que forman a plantilla serán de vital importancia o fin de semana que ben para poder conseguir o triunfo que nos daría o título ligueiro.

    Monte Louro - Muros (2-2)

    • MONTE LOURO: Isma, Chuny (Dida, min.80), Chila, Pablo, Bolo, Dani de Sahorta, Denís, Riki, Isma de Kosme (Juan Andrés, min.92), Geiko e Raúl. 
    • MUROS: Iago, Mou (Gabriel, min.70), Maikel Perrito, Fernando, Marco (Abel, min.46), Dani Corniños, Gabo, Óscar, Jesús Cucharilla (Álvaro de Baño, min.85), Toni e Saúl (Pardelo, min.80).
    • 
Goles: 0-1, min.8: Toni; 1-1, min.45+1: Dani de Sahorta; 1-2, min.50: Jesús; 2-2, min.92: Dani de Sahorta.
    • Expulsións: O adestrador visitante Bibi ao remate do choque e aos xogadores Abel (min.70), Gabo (min.92), Óscar (min.92) e Pardelo (min.92), nas protestas do último gol.

    Ó Muros escapóuselle máis de media Liga no tempo de prolongación. Un Monte Louro moi motivado e corretón todo o partido igualou nos dous descontos as vantaxes dos de Bibi. Toni, cunha volea, abriu o marcador para os celestes, que dominaron a posesión. Sen embargo, dous balóns colgados para Dani de Sahorta, habitual nas convocatorias de Nieto, provocaron o delirio no Louro e as bágoas muradáns. Houbo polémica polo posible empate en falta por parte dos locais. 

    Santa Comba - Outes (3-6)

    • SANTA COMBA: Dylan, Martín, Nahuel (Iván, min.75), Sergio, Manu, Darío, Javito, Agra, Aldo, Cristian e Jorge.
    • OUTES: Jonathan (Italiano, min.60), Diego, Martín, Darío, Barral, Angel, Piqui, Fabio (Genebrando, min.60), Michi (Oito, min.80), Damian (Sergio, min.55) e Fu.
    • Goles: 1-0, min.38: Cristian; 1-1, min.41: Martín; 1-2, min.51: Piqui; 1-3, min.54: Damian; 2-3, min.58: Darío; 2-4, min.69: Fu; 3-4, min.79: Darío; 3-5, min.83: Sergio; 3-6, min.85: Michi

    Complicouse e moito o Santa Comba o título de liga, caeu estrepitosamente ante Outes e ve como xa non depende del para conseguir o título trala vitoria do Cee.

    Os xalleiro comezaron moi ben o partido e durante a primeira media hora foron moi superiores, pero as chegadas a porta non eran o todo claras que quixeran.

    Tralo descanso 3 minutos de loucura dos visitantes que marcaron dous goles seguidos foron determinantes para decidir o choque. A ansiedade apoderouse dos locais que se foron do partido e non puideron reconducir o marcador ao seu favor. 

    Corcubión - Fisterra (5-2)

    • CORCUBION: Abelleira, Dario, Diego, Pichín, Pico (Alan, min.46), Lema, Keka, Lourido (Noe, min.80), Oliver, Josiño e David (Yoni, min.46)
    • FISTERRA: David, Jose, Jorge, Luisiño, Eloi (Miguel, min.75), Gabriel, Aitor, Edu (Eloi II, min.78), Carlos, Brais (Fran, min.60) e Mario (Pisqui, min.86)
    • Goles: 1-0, min.5: Propia porta; 2-0, min.30: Lourido; 2-1, min.35: Brais; 3-1, min.41: Lema; 3-2, min.55: Eduardo; 4-2, min.70: Yoni; 5-2, min.85: Oliver

    Non deixou pasar a oportunidade de sumarse a festa da última xornada o Corcubión que se desfixo do Fisterra con bastante traballo e que mantén vivas opcións de loitar pola liga, ten que gañar e esperar que o Muros impida que gañe o Cee.

    O partido comezou con grande expectación e cun bo ambiente na grada. Case o empezar o partido os locais adiantaríanse no marcador nun saque de esquina no que un fallo do porteiro fisterrán faría que o balón golpease nun defensa do seu propio equipo e fose cara dentro da portería. Este gol non sentou moi ben o Fisterra xa que as posiblidades reducíanse moito cun gol encaixado tan pronto. Pero non tardaria moito en chegar o segundo gol esta vez por parte de Lourido, que por culpa dun error xa dende o medio do campo

    Parecía que o Fisterra non era capaz a definir con claridade xa que contaba con multiples ocasións pero sen definición. Ata que nun contraataque inciado por Carlos este seria o encargado de darlle o balón en bandexa a Brais que se encargaria de anotar o primeiro gol fisterrán. Así remataria a primeira parte gañando os locais cun 2-1.

    Cambiou o guión na segunda metade, con dous equipos que querían dalo todo para poder sumar tres puntos na clasificación. Iago Lema sería quen anotase o terceiro gol local, nun fallo defensivo dos seus rivais e que definiria de cabeza picándolla o porteiro fisterrán. O Fisterra non queria rendirse e foi a por todas igualmente ainda que vian a vitoria algo lonxe, pero Edu reduciría as distancias cun gran tiro dende a area rival. Isto dáballe moitas esperanzas os visitantes pero os de Corcubión foron capaces de aguantar ben e aumentar a súa vantaxe no marcador esta vez por parte de Jonhy, cunha gran xogada individual na que colocaria o balón axustado o pao e o porteiro David non sería capaz a interceptalo. Sen dúbida o partido parecía resolto, pero os locais buscaban a seguridade e case cando ía rematar o partido de novo Lourido sería quen anotara o quinto e último gol para o seu equipo.

    Novas relacionadas

    Crónicas das Ligas Xuvenil

    Análise das Ligas Xuvenís

    Máis novas

    Máis información

    Fonte

    • Redacción de Deportes de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
    • Colaboran David Castro, Brais Pichel, Unión Clube Cee, Blog do Malpica por Luís Porto e Diego Lobelos.
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com