|
martes, 02 de febrero do 2010 |
|
Volve a Lenda da Petanca. A saga que a A.X. Cherinkas está convertindo nun mito na Costa da Morte. A base de humor os vídeos que dirixe Guillermo e protagonizan Igor Damianov, John Michael, Pedro, Marcos e Míchel están de volta. Esta nova aposta pola produción local demostra que o audiovisual da Costa da Morte está moi vivo. E volve cunha nova idea, parodiando na serie estadounidense Lost. Este é pois o primeiro capítulo da nova serie. Desta vez Igor, que atravesa uns momentos moi duros na súa vida, aparece nunha illa descoñecida sen saber cómo chegou. Pouco a pouco, sucederanse imprevisibles e agónicas situacións que completarán un mapa de aventuras conscientemente desordenado pero entretido, que modificarán a forma de entender o mundo do campión ruso. A miniserie rodouse practicamente na súa totalidade na praia de Soesto (Laxe) durante o temporal de frío de xaneiro do 2010. Razóns polas que se recomenda que vexades esta serie E antes de ir co vídeo, dende a Cherinkas nos apunta unha serie de razóns para seguir a serie: - Porque se es fan de A Lenda da Petanca, encantarache. E se non, encatarache igual e faraste fan de Igor.
- Porque facía tempo que non nos daban o coñazo cun novo video dende a Cherinkas.
- Porque se es fan de LOST, entrarás en situación antes de comezar a emisión da sexta Tempada.
- Porque se non es fan de A Lenda, non pasa nada. É unha serie cunha trama especial e independiente que non precisa de ter visto aventuras anteriores de Igor e compañía.
- Porque se non eres fan de LOST, é igual. Aínda que teña unha desvergonzada influencia na elaboración desta serie, non fai falta ter visto ningún episodio. Mellor, pareceremos máis orixinais.
Perdidous, Episodio I
Máis información Saga da A.X. Cherinkas Outras sagas Máis vídeos da Cherinkas Fonte - Vídeos producidos pola A.X. Cherinkas.
- Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|