Mércores, 17 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
O alcalde de Corcubión explica na radiONeria a situación do pavillón  Correo-e
miércoles, 03 de febrero do 2010

Image

O alcalde de Corcubión, Francisco Javier Lema, foi entrevistado por Adrián Leira no programa O Ronsel, que dirixe Óscar Rey. A entrevista centrouse na xestión do Concello en torno ó acontecido o pasado luns no pavillón municipal, cando o derrubamento dun talud provocaba unha desfeita nun dos muros do polideportivo. O alcalde aclarou que o acontecido podería deberse ás fortes chuvias dos últimos días, engadido a unha mala cimentación. Para reconstruír a infraestructura o rexedor concretou que fan falla preto de 60.000 euros, polo que van instar a toda a corporación municipal, nun pleno o vindeiro luns, a solicitar axudas económicas á Xunta ou á Deputación. Namentres, tódalas actividades no interior do recinto están suspendidas. Éstas foron as verbas de Chisco na radio municipal

  • ¿Que danos causou o derrubamento do talud no polideportivo?

Na parte posterior do pavillón, na fachada sur, existe un talud que no seu momento, cando fixeron o pavillón, non se reforzou cunha cimentación que puidera soster ese talud e coas choivas que houbo estes días, escurreu a terra e caeron todas as pedras e todo o material que existía na zona alta, o que provocou que coa forza que collen cando caen dende esa altura, derrubara un muro que hai entre columnas da fachada posterior. Esas pedras invadiron o terreo de xogo e o que se fixo rápidamente, antes de que veña a choiva, é quitar todos os escombros para poder pechar con bloques esa fachada.

Iso xa quedou feito, pero o problema xurde co tema de que hai que reforzar ese talud, cun muro probablemente de contención, segundo di o técnico noso. É unha obra custosa pero imos tentar que o luns, que temos un pleno extraordinario, toda a corporación poda pronunciarse e por unanimidade, pedirlle a outras administracións como a Xunta ou a Deputación, que nos boten unha man económicamente para facer ese muro de contención e que non haxa problemas nun futuro.

  • ¿Cal será o gasto?

Nós estamos barallando as posibilidades. Segundo o técnico hai que facer un muro de máis de 30 metros de longo por 6 de alto. Estamos a falar dun custo que pode andar en torno ós 60.000 euros.

  • Vaise levar ó pleno porque é un gasto que non se prevía…

Non é que sexa un gasto que non se prevía, pero o que nesta ocasión pretendemos é que o pleno en unanimidade se pronuncie sobre o asunto e así nos fagan máis caso nas outras administracións.

Noutras ocasións, por exemplo cando foi do muro do talud que quedou detrás da Casa de Cultura, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, se volcou sobre todas estas obras que provocaron as chuvias torrenciais. Naquel momento se declararan zonas catastróficas e había un decreto que contemplaba axudas e indemnizacións ós danos provocados. Nestes momentos, aínda que non haxa un decreto en forma, isto é fácil de ver que foi polas chuvias torrenciais e por tanto, algo sobrevido.

  • As actividades deportivas, ¿están paradas? ¿foron para outro concello?

Neste momento están paradas. A maioría delas detivéronse é dicir, hai inactividade no pavillón. Nós esperamos que a vindeira semana poidamos valorar se non existe risco co talud que quedou alí e por tanto poidamos reanundar as actividades. Alí hai actividades do colexio, de mantemento, para persoas maiores,… A idea é que se poidan reanudar pero neste intre están todas suspendidas.

  • Había unhas goteiras tamén no polideportivo…

As goteiras todavía non se puideron mirar, pero é certo que foron froito das chuvias tan intensas que había. Estamos vendo como podemos arranxalas pero nestes días, ó diminuír as intensas chuvias, as goteiras diminuíron moito, pero aínda non se puxo man para dicir que están arregladas definitivamente.

Novas relacionadas

Novas da radiONeria

Máis información

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com