Venres, 12 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
A Costa tamén escoita ás 55 mentiras sobre o galego  Correo-e
miércoles, 03 de febrero do 2010

Image

Non cabe dúbida de que a situación da lingua está gastada. Uns crean unha polémica que non hai e outros aprópianse da lingua, como apuntaba esta fin de semana Hernique Monteagudo na Conferencia Anual Plácido Castro en Corcubión. Os prexuizos corren polas rúas galegas, sobre todo en certos sectores contrarios á identidade galega, informando á sociedade da verdadeira situación en que nos atopamos.

A Plataforma Prolingua vén de editar un libro sobre a problemática da lingua. 55 mentiras sobre a lingua galega é un libro coordinado por Xosé-Henrique Costas e este venres 5 de febreiro será presentado en máis de 60 lugares do país.

O libro, coordinado polo profesor Xosé- Henrique Costas, e no que colaboraron 12 autores, expón os argumentos que permiten desenmascarar as mentiras e prexuízos, xa transformados en tópicos, sobre o uso do galego, falacias que ampararon a súa exclusión da vida pública durante anos e que son a base da actual campaña en contra súa. 

O acto, que se desenvolverá simultaneamente en máis de 60 localidades nacionais e internacionais, chegará tamén a diferentes puntos da Costa da Morte:

  • Baio (Zas), no Auditorio de Baio: Teresa Castro, Antonio Díaz Amor, Ricardo Vigueret (20:30 h.)
  • Carnota, na Confraría de Pescadores de Lira: Chisco Naval, Mercedes Díaz Maián e Belén Campos (20:30 h.). O acto está respaldado polas asociacións culturais: Canle de Lira, Xurde Caldebarcos e Pindo Mariño.
  • Carballo, no Pazo da Cultura: Xan Fernández Carrera, Silvana Castro e Farruco Fraga (20:00 h.)

Observade que a hora do acto en Carballo se adiantou media hora a respecto das demais para que non coincidise con outras actividades culturais previstas na localidade. Con todo, tedes ao voso dispor na páxina da Plataforma Prolingua a listaxe de todas as localidades actualizada permanentemente.

Máis información

Novas relacionadas

 

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com