|
A Coral Xan Mella sacará un CD |
Correo-e
|
|
miércoles, 03 de febrero do 2010 |
|

A nova foi explicada durante a asemblea anual ordinaria que a AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella celebrou o pasado venres 29 de xaneiro. Foi o presidente quen presentou o proxecto para o ano 2010 informando que será o ano no que a coral Xan Mella gravará o seu segundo CD financiado pola Deputación de A Coruña e os Estudos Mans-Paideia. Repaso do 2009 Ademais, a sesión serviu para repasar as actividades realizadas ao longo do 2009, no que destacan as 18 actuacións da Coral Xan Mella. Saídas das que 13 foron fora de Baio, salientando as saídas a Xixón e a Paços de Ferreira en Portugal. Estas actuación serviron para seren seleccionados por cuarta vez consecutiva para o Certame en Clave Coral, o que amosa que nos a Coral mantense no bo camiño sempre baixo a batuta da profesora Tatiana Pankrátova. Ademais, tamén lembraron a organización da Cachela de San Xoán, as Rondas de Nadal e a importancia de seguir formando á xuventude no estudo do piano e da linguaxe musical dende a Escola de música Pepe Valiña. Ao remate a comitiva reuniuse nunha cea de confraternidade convidados por Casa Ovidio na que aos postres non faltaron as cantigas acompañados polos nosos amigos do Tren da unha de Laxe e Óscar o alicantino. Novas relacionadas Fonte
|