Venres, 19 de marzo do 2010
 
 
   
Inicio
Cabana
Camariñas
Carnota
Cee
Corcubión
Dumbría
Fisterra
Laxe
Malpica
Mazaricos
Muxía
Ponteceso
Vimianzo
Zas
Bisbarra

Os vídeos de Que pasa na Costa


Salvacadelos

Horarios autobuses Costa da Morte



RSS de Que pasa na Costa Semente RSS


Reportaxes realizados

Advertisement
Un antroido moi doce en Malpica  Correo-e
miércoles, 03 de febrero do 2010

Non falla o concello de Malpica neste Entroido. Se xa vimos como as gastan en Cerqueda cos "madamitos e ghuardineros", o concello contou coas asociacións do municipio para artellar unha completa programación para este Antroido 2010. Este ano a festividade do Antroido incluirá festas de disfraces, concursos gastronómicos, degustacións de produtos do Antroido, concursos de comparsas e disfraces, Mikaela, Faustino, etc.

IX Concurso Gastronómico de doces do Antroido

A idea máis singular é este certame. Existirán dúas categorías, dotadas de 3 premios para cada unha delas: Profesional: para locales de hostalería e restauración e Amateur: para particulares e asociacións.

O prazo de inscrición rematará o luns día 15 de febreiro. As inscricións poderán realizarse tanto no Departamento de Educación e Cultura do Concello, como en calquera das entidades colaboradoras: Asociación de Redeiras Mar da Illa, ANPA Ventorrillo e Asociación de Redeiras O Fieital.

Programa de actividades de EntroidoImage

Xoves, 11 de febreiro de 2010 - Xoves de Antroido

  • En MALPICA: O Antroido na Ludoteca Infantil, de 11.00 h. a 13.15 h. e de 17.00 h. a 20.00 h.

Venres, 12 de febreiro de 2010 - Venres de Antroido

  • En MALPICA:
    - Pasarrúas de Antroido na Ludoteca Infantil, ás 11.30 h.
  • - Concurso de Disfraces de Antroido, a partir das 23.00 horas polos locais de hostalería da vila, premios en metálico para os mellores disfraces: 1º Premio: 300,00 €; 2º Premio: 200,00 €; e 3º Premio: 100,00 €. Organizan: Pubs de Malpica.
  • En CERQUEDA
    - Baile de Disfraces coa actuación da orquestra París de Noia no Restaurante Aldeola. Organiza: Comisión de Festas de Cerqueda
    - Cea de Antroido no Restaurante Aldeola. Organiza: A.C.D. San Martiño de Cambre.

Sábado, 13 de febreiro de 2010 - Sábado de Antroido

  • En SEAIA: Festa de Disfraces e degustación de produtos típicos do Antroido. Das 17.00 ás 22.00 horas. Colabora: A.C. D. San Xulián.
  • En MALPICA: Concurso de Disfraces de Antroido, a partir das 23.00 horas polos locais de hostalería da vila, lacóns e chourizos para os mellores disfraces. Organizan: Pubs de Malpica.
  • En BUÑO: A Mikaeliña. A partir das 16.30 h. Pasarrúas infantil dende o Parque Luciano García Alén ao Colexio Xaquín Rodríguez Otero. A partir das 17.30 h. festa infantil. Organiza: Asociación Xuvenil Aramio e colabora: ANPA X.R.O.
  • En CERQUEDA: Festa de Disfraces de Nenos e Pais e Concurso de Postres de Antroido, ás 16.00 h. no Restaurante Aldeola. Con xogos e chocolatada. Organiza: Asociación Cultural Raigañas.
  • En MENS: Festa de Disfraces de Nais e Nenos e degustación de produtos de Antroido, ás 16.30 h. na Escola Unitaria de Mens. Colabora: A.V.S. Río dos Píos.

Domingo, 14 de febreiro de 2010 - Domingo de Antroido

  • En CAMBRE: Festa de Disfraces Infantil e Degustación de doces do Antroido, das 16.30 ás 19.30 horas no Local Social de Cambre. Colabora: A.C.D. San Martiño de Cambre.
  • En MALPICA:
    - Actuación da Charanga "Ruada" polas rúas da vila, a partir das 17.00 horas.
    - Nos Locais de Hostalería da Vila daranse Orellas de pincho, a partir das 17.00 h. Organizan: Pubs de Malpica.
    - Concurso de Comparsas do Antroido polas principais rúas da vila de Malpica a partir das 17.30 horas. Cestas de Antroido. para as mellores comparsas. Entrega de premios a partir das 19.30 horas na Praza Villar Amigo. Colabora: Asociación Cabalar "Os Veteranos".
    - Desfile de Disfraces Infantil. Percorrerá a vila saíndo do Centro Cívico ás 18.00 h. e rematando na Praza Villar Amigo. Organiza: Asociación Cultural Malante.
    - Concurso de Piñatas do Antroido na Praza Villar Amigo a partir das 19.00 horas. Entrega de Premios ás 19.30 horas. Colaboran: Asociación de Redeiras O Fieital, A. C. Malante e ANPA Ventorrillo.
    - Baile Social de Disfraces de Maiores a partir das 20.30 h. no Auditorio do Centro Cívico, amenizado polo Dúo Café. Organiza: Asociación de Apoio á 3ª Idade “Os Paxariños”.

Luns, 15 de febreiro de 2010 – Luns de Antroido

  • En MALPICA: Festa de Disfraces de Nenos/as, Nais e Pais. De 17.00 a 20.00 h. no Centro Cívico. Colabora ANPA Ventorrillo.

Martes, 16 de febreiro de 2010 - Martes de Antroido

  • En BARIZO: Xogo das Vacas a partir das 16.30 h. Enfronte do Bar Xan. Organiza: Asociación A Xunca da Virxe do Carme de Barizo.
  • En MALPICA:
    - Festa de Disfraces, no Centro Cívico. A partir das 17.00 ata as 20.00 horas. Colabora: Asociación Cultural Malante.
    - Concurso Gastronómico de Doces do Antroido. A partir das 17.00 h. Fallo do xurado e degustación ás 20.00 horas. Colaboran: Asoc. de Redeiras Mar da Illa, ANPA Ventorrillo e Asoc. de Redeiras O Fieital. (Inscrición: No Departamento de Educación e Cultura ou en calquera das entidades colaboradoras.)
  • En BUÑO: Festa de Disfraces Infantil ás 16.30 h. no Pavillón do CEIP X.R.O. Colabora: ANPA X.R. Otero.
  • En SEAIA: Festa de Disfraces e degustación de produtos típicos do Antroido, das 16.30 ás 19.30 horas. Colabora: A.C. Carcaxía.

Sábado, 20 de febreiro de 2010 - Sábado de Piñata

  • En BUÑO:
    - A Mikaela sairá ás 16.30 horas de Cantalarana percorrendo todos os bares e tabernas de Buño. Organiza: Asociación de Amigos da Mikaela.
    - Actuación da Charanga "O Vendaval" polas rúas de Buño, a partir das 11.30 horas.

Domingo, 21 de febreiro de 2010 - Domingo de Piñata

  • En MALPICA:
    - Enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17.00 horas para percorrer as rúas da vila. Organiza: Asociación de Redeiras Mar da Illa.
    - Actuación da Charanga "Ruada" polas rúas da vila, a partir das 17.00 horas.
  • En SEAIA: Enterro do Farruco. Sairá en procesión ás 16.30 horas do restaurante "O Esqueiro" percorrendo as rúas de Seaia. Organiza: A.C.D. San Xulián.
  • En BARIZO: Enterro do Narigo. Ás 16.00 h. no Campo da Festa de Barizo. Organiza: A.C.D. A Xunca da Virxe do Carme de Barizo.
  • En CERQUEDA: Madamitos e Ghuardineros percorrerán a parroquia de Cerqueda comezando pola mañá á saída da misa e continuando pola tarde polos lugares de Aldeola, Ceán, Filgueira e Leduzo-Pozacas. Organiza Asociación Cultural Raigañas.
  • En VILANOVA:
    - Festa de Disfraces Infantil e degustación de doces do Antroido a partir das 16.00 h. na Escola Unitaria de Beo. Colabora: A.C.V. S. O Brizo.
    - Festa de Disfraces para Adultos e degustación de doces do Antroido a partir das 18.00 h. na Escola Unitaria de Beo. Organiza: A.C.V.S. O Brizo.

Sábado, 27 de febreiro de 2010

  • En CERQUEDA: Cocido – Baile para socios e non socios no Restaurante Aldeola. Organiza: Asociación Cultural Raigañas.

Entidades colaboradoras

Asociación Cultural Malante, Asociación Cultural Carcaxía, Asociación Cultural Raigañas, A.C.D. San Xulián, A.C.D. San Martiño de Cambre, Asociación A Xunca da Virxe do Carme de Barizo, A.C.V.S. O Brizo, ANPA Ventorrillo, ANPA Xaquín Rodríguez Otero, Asociación de Amigos da Mikaela, Asociación de Redeiras Mar da Illa, Asociación de Redeiras O Fieital, Pubs de Malpica, Asociación de Apoio a 3ª Idade Os Paxariños, Asociación Xuvenil Cultural Aramio e A.V.S. Río dos Pios.

Novas relacionadas

Outros entroidos da Costa

Fonte

 
 

Contacto: info[arroba]quepasanacosta.com

Todos os contidos baixo Licencia Creative Commos.


Delegación en Corcubión: Galinus, Comunicación en internet



Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com