|

Os problemas nas estradas da Costa da Morte son infinitos. Un dos puntos perigosos sitúase no Viso, na sinuosa estrada que baixa dende as Paxareiras. A Consellería de Medio Ambiente vén de asinar un convenio con concello carnotán para levar a cabo actuacións mellora na rede viaria no lugar, por un montante de 450.00€. A actuación a desenvolver consiste na construción de cunetas e gabias, segundo treitos, co fin de mellorar a drenaxe das augas pluviais na estrada O Viso-As Paxareiras. O principal obxectivo destes acordos é o incremento da calidade de vida dos seus cidadáns, polo que se levarán a cabo actuacións en materia de acondicionamento de travesías, saneamento, abastecemento de augas e distintas intervencións para a mellora de espazos públicos Obras que se van realizar José Oreiro Rodríguez, alcalde de Carnota, asinou o convenio polo que se levará a cabo a mellora na estrada O Viso-As Paxareiras nunha lonxitude de 4.340 metros. A actuación a desenvolver consiste na construción de cunetas e gabias, segundo treitos, co fin de mellorar a drenaxe das augas pluviais na estrada. O importe destas actuacións é de case medio millóns de euros, dividido en dúas anualidades, 2010 e 2011. Con estas obras permitirase a mellora da seguridade viaria nesta estrada, polo que se proporcionará aos seus usuarios unhas condicións de condución cómoda e segura, mellorando tamén os déficits existentes e facilitando o acceso aos distintos equipamentos. Novas relacionadas Máis novas Fonte
|