Chega o momento máis dificil da temporada. Personalmente, creo que a xornada máis dificil á que me enfrontei en toda a miña carreira futbolística. E despois de levar tamén o pao máis grande que vivín como futbolista, síntome obrigado non só a pensar para min, senón para pedir ao resto de xogadores (do Santa Comba, do Muros e do Corcubión, especialmente) que non tiren a toalla... É moi dificil, todos o sabemos. Sobre todo a situación que atravesamos xalleiros e muradáns. Esta tempada levoume a pensar en cuestións en materia futbolística que na miña vida me plantexara... E agora só vexo un motivo polo que volver a plantarme no campo para facelo o mellor posible. E non é gañar a liga, nin a ilusión, nin a esperanza... iso xa o teño agotado. O que me move a entrenar esta semana, e a querer gañar o sábado, é o futbol. Porque un futbolista é o que é, e non pode deixar de selo. Isto é unha competicion, e nas competicions compítese, e desgraciadamente só pode gañar un, pero o resto...que pasa? Cal é o motivo polo que o Mazaricos se planta cada fin de semana no campo con 105 goles en contra e 0 puntos? Cal é o motivo polo que o Outes nos jodiu, ou polo que o Montelouro jodiu ó Muros (cada cal cos seus matices...)? Polo fútbol, interpreto que polo fútbol. Por amor a este deporte, por gañas de demostrar o que un pode facer, por autorrealización. É innegable que ó principio de temporada non tódolos equipos teñen os mesmos obxectivos, pero cada cal á súa maneira, como equipo de fútbol, debe segir pelexando, aínda que ese obxectivo non se poda cumprir xa, ou sexa pouco probable. A conclusión é que todos, desde o Mazaricos contra a Esteirana, ata o Muros-Cee pasando polo Santa Comba-Corcubión, temos que entregar o que temos, por diíicil que se nos antoxe. É moi facil tirar dun equipo cando as cousas van coma a seda, pero os verdadeiros xogadores, e os verdadeiros campións vense nos momentos difíciles, e tirar de casta cando se ten todo en contra é moito mais aplaudible que unha vitoria fácil. Para os deportivistas (dun ex-deportivista na infancia, a un inevitable madridista na actualidade)recórdovos o Cntenariazo, e feitos coma o de que Flavio invitara a Djalminha, antes de que se xogara o partido, á festa do Madrid de despois de ser hipotéticos campións de copa. Ou a remontada ó Milan...Ou ó PSG... Novas relacionadas Crónicas das Ligas Xuvenil Análise das Ligas Xuvenís Máis novas Máis información Fonte - Redacción de Deportes de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
|